Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

Cuándo:

22 de noviembre de 2018

A Concellería de Medio Ambiente amplía o programa educativo ‘Composta Coruña’ na súa segunda edición, na que se repartirán 80 composteiros caseiros

María García salienta que a extensión deste sistema, que evitará que cheguen ao sistema de tratamento de residuos máis de 61 toneladas ao ano de materia orgánica, permite achegarse aos obxectivos de residuos cero e economía circular e que elimina da cadea de xestión do lixo a metade dos rexeites que se tratan. A iniciativa está dirixida a persoas e entidades que dispoñan dun espazo verde e que recibirán un composteiro, así como formación e acompañamento.

A segunda edición do programa educativo Composta Coruña amplía a 80 o número de composteiros caseiros que se repartirán entre a cidadanía e entidades que conten cun espazo verde para tratar os residuos orgánicos e convertelos en fertilizante natural. A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou esta mañá as bases da iniciativa, que busca incidir nas políticas de redución e de residuo cero e está inscrita dentro das iniciativas municipais de sensibilización da Semana Europea da Prevención de Residuos e das campañas de xestión dos residuos #noseusitio. A edil enmarcou o programa, que evitará que cheguen ao sistema de xestión de residuos máis de 61 toneladas ao ano de materia orgánica, dentro das políticas emprendidas polo Goberno local para acadar o residuo cero. "É un pequeno xesto a través do que estamos a implementar a estratexia de residuo cero, de prevención e minimización de rexeite e de posta en marcha de estratexias de economía circular. A compostaxe in situ é a materialización práctica das políticas modernas de xestión de residuos e do mandato que neste sentido nos está a facer a Unión Europea", manifestou.  

A edil explicou que a segunda edición desta iniciativa, que repartiu o ano pasado 50 composteiros, está dirixida a persoas con vivendas que teñan xardín ou horta ou asociacións, centros educativos ou entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes. As bases do programa sairán publicadas nas vindeiras semanas no Boletín Oficial da Provincia. As persoas que participen --é preciso solicitalo no rexistro municipal-- recibirán do Concello un composteiro de 340 litros (cun aireador e unha rexa metálica), unha guía, formación e asesoramento personalizado. Tal e como indicou a concelleira, o programa está acompañado en todo momento para que as persoas que participan podan resolver as súas dúbidas e facer un uso efectivo do composteiro. Así, contarán con atención telefónica e tres visitas a domicilio realizadas por educadores e educadoras durante o primeiro ano e segundo avancen as diferentes fases do proceso, para proporcionarlles consello e o apoio preciso, así como facer seguimento do seu uso. García afirmou que programas como Composta Coruña ou o labor que se realiza nas hortas urbanas, onde tamén se emprega este sistema, tradúcense nunha maior implicación cidadá coa compostaxe, "que é o xeito máis correcto de tratar os residuos e que é unha acción que ten unha incidencia directa". "É unha pequena acción con moito impacto porque permite eliminar do sistema de tratamento de residuos o 50% do lixo que xeramos. Estamos tamén evitando o seu transporte e tratamento, estamos eliminando da cadea da xestión a fracción, a da materia orgánica, que causa máis molestias de cheiros e manchas e, tamén, a compostaxe tradúcese directamente nun mellor tratamento do resto de rexeites (envases, cartón e vidro) que se producen nun fogar", explicou.

Esta liña de traballo, que como indicou García xa se segue en moitas cidades europeas, consolidarase e ampliarase no novo contrato de recollida de residuos, que está en fase de avaliación de ofertas, e no que está estipulado que se poidan instalar na cidade ata 800 novos composteiros unha vez estea resolta a licitación. A Concellería de Medio Ambiente renova neste mandato dous grandes contratos relacionados coa xestión dos residuos e o coidado do espazo urbano, como son o de recollida e de contenerización e de limpeza viaria, nos que se introduciron melloras que inciden na separación da materia orgánica, a atención especial aos grandes produtores de residuos orgánicos, a renovación dos contedores e da flota de camións ou incremento do número de contedores de recollida de papel e vidro, entre outros. Este contrato segue a liña avanzada xa pola Concellería de Medio Ambiente nos últimos anos, no que se que puxo énfase na recollida selectiva nas zonas de alta concentración de locais de hostalaría e comercio mediante campañas especiais en temporadas de especial incidencia como verán ou nadal, ou no control e redución dun 45% dos residuos en festas como a de San Xoán.

Avisos y Eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cuándo:

    Desde el 02/03/2017 hasta el 01/03/2020

    Campaña de compostaje doméstico

Agenda

Contaminación Difusa

Más información

Suscripción al boletín co2ruña

Los campos marcados con un asterisco son obligatorios

La suscripción a este boletín se realizará en el idioma de navegación actual de la página web: Castellano

Política de privacidad

De acuerdo con la legislación en materia de protección de datos y, en concreto, con el Reglamento UE 2016/679, del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril, los datos personales que usted nos facilite voluntariamente en el formulario de "Suscripción al Boletín de actividades", serán tratados bajo la responsabilidad del AYUNTAMIENTO DE A CORUÑA Plaza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), con la finalidad de ofrecer a la ciudadanía información a través del Portal Web del Ayuntamiento, estando legitimado por el consentimiento que usted expresamente otorga mediante la aceptación de la cláusula de protección de datos, pudiendo usted retirar dicho consentimiento en cualquier momento, sin efectos retroactivos.

Sus datos de contacto se tratarán durante el tiempo que mantenga la suscripción o ejerza su derecho de cancelación u oposición. Igualmente le informamos que tiene derecho a solicitar a la persona responsable del tratamiento, en cualquier momento, el acceso, rectificación o supresión de sus datos personales y la limitación de su tratamiento.

También tendrá derecho a oponerse a dicho tratamiento, así como a solicitar, salvo casos de interés público y/o ejercicio de poderes públicos, la portabilidad de sus datos. Dichos derechos podrá ejercerlos mediante solicitud remitida a la siguiente dirección: Registro de entrada municipal Plaza Mª Pita nº 1, con la referencia "protección de datos", a través de un escrito firmado al efecto, adjuntando una fotocopia de su Documento Nacional de Identidad.

Igualmente podrá dirigir dicha solicitud directamente a la persona Delegada de Protección de Datos, cuya identidad.

Asimismo, usted tiene derecho a presentar una reclamación ante la Agencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Marca la siguiente casilla para aceptar la política de privacidad *

  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?