Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Como participar

Quen pode participar no Programa municipal de Educación Ambiental?

Calquera que o desexe, apuntándose previamente.
Seguro que entre a oferta de actividades do programa podes atopar algunha que te satisfaga. Simplemente abonda con que te apuntes para que poidamos axudarche a levala a cabo. Se tes
algunha idea e cres que coa nosa axuda podes realizala, non deixes de comentárnolo.

Volver a menú

Cando?

Proponnos a túa data para calquera das actividades e intentaremos acomodar as túas preferencias no noso calendario.

En ocasións, as inclemencias climatolóxicas ou traballos específicos nas instalacións poden impedir acudir ao lugar elixido. Por iso, pedirémosche o teu contacto para poderte avisar se xorden imprevistos.

Volver a menú

A que hora?

En función da data do ano o horario pode cambiar. Farémosche unha proposta axustada ás túas preferencias cando cerremos contigo a data elixida.

As visitas duran 90 minutos. Despois deste tempo, nalgunhas delas, podemos darche consellos se desexas ampliar o percorrido pola túa conta (por exemplo, no encoro de Cecebre).

Volver a menú

Onde?

Cada destino ten un punto de encontro que (mesmo) podemos cambiar en función do que sexa máis práctico para o teu grupo (por mellor estacionamento, porque veñades andando ou en bicicleta, porque
non coñezades o lugar de encontro, etc.)

Volver a menú

Cantas prazas?

Para calquera saída necesitamos un mínimo de cinco persoas participantes. O máximo fixámolo en trinta para poder ofrecerche o mellor servizo.

Volver a menú

Que prezo ten?

As actividades son gratuítas.

Volver a menú

Como e cando inscribirse?

Cada ano sae a convocatoria oficial na WEB CORUÑA EDUCATIVA. En calquera caso para maior información contacta coa empresa responsable do contrato de educación ambiental en:

correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Teléfono: 981 903 834

 

Tamén podes dirixirte ao Servizo de Medio Ambiemte:

r/Pedro Ferrer s/n

Edificio Casa da auga 5ª planta

15011 A Coruña

Tlf: 981184315

Ext: 60043

Volver a menú

Máis información

É preciso que un responsable de cada grupo nos dea o seu nome, un correo electrónico no que recibir os detalles da visita e un número de teléfono no que poder avisalo se xorde calquera novidade (meteoroloxía, unha urxencia...).

Volver a menú

Material de apoio

Como soporte das actividades, o material de apoio serve para realizar un traballo complementario tanto na aula como nas saídas ao exterior.

Manual do alumno: ofrecerá contidos relativos a cada programa e fichas de traballo para o seguimento das rutas. Baseado en información gráfica facilmente asimilable.

Manual do profesor: cumpre fundamentalmente dúas funcións: ofrecer información suplementaria ao educador para poder solucionar as dúbidas dos alumnos e ser un complemento ás actividades guiadas con alternativas para traballo na aula.

Volver a menú

Avisos e eventos

  • RESOLUCIÓN ASIGNACIÓN DE HORTAS URBANAS AGRA DO ORZÁN, NOVO MESOIRO E PARQUE DE EIRÍS

    Cando:

    Dende o 25/05/2018 ata o 31/05/2018

    Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase a tramitar expediente para ou uso dás hortas urbanas nas zonas dá Agra do Orzán, Novo Mesoiro e ou parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras dá convocatoria, publicadas non BOP do 16 de febreiro de 2018

  • Parcelario de hortas urbanas

    Ecohortas

    Cando:

    Dende o 09/05/2018 ata o 31/05/2018

    A modo de recordatorio final publícase o parcelario e mesas de cultivo das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís

  • Proposta de resolución de asignación de hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís

    Cando:

    Dende o 09/05/2018 ata o 31/05/2018

    Por parte do Servizo de Medio Ambiente estase a tramitar o expediente para o uso dss hortas urbanas nas zonas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e o parque de Eirís, de acordo co disposto nas bases reguladoras da convocatoria, publicadas no BOP do 16 de febreiro de 2018.

Axenda

Puntos limpos

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

Política de privacidade *

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades dos Servizos Sociais", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?