Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son moitos os residuos especiais que non teñen cabida nos diferentes tipos de colectores repartidos pola cidade. Residuos que polo seu volume ou toxicidade, ou pola frecuencia da súa produción, esixen unhas instalacións de recollida particulares.

¿Que son os Puntos Limpos? O desenvolvemento dos sistemas de recollida selectiva en orde á recuperación e valorización dos residuos na contorna urbana ha posta de manifesto a existencia de residuos aos que é preciso dar unha xestión diferenciada. Son estes produtos que, xa sen valor, han de separarse do resto dos residuos para previr as consecuencias negativas que poden xerar por se mesmos ou pola contaminación secundaria dos subproductos da reciclaxe ou compostaxe.

Para atender estas necesidades deseñáronse os puntos limpos. Nestas "áreas de reciclaxe" dispóñense colectores específicos para cada un destes tipos de residuos.

Son parques de colectores destinados á recollida de mobles, aveños, restos de podas, pequenas cantidades de cascallos, chatarras, pneumáticos, e de todos aqueles residuos que, xerados nos fogares, considéranse "tóxicos e perigosos". Entre estes últimos cóntanse pilas e baterías, fluorescentes, pequenas cantidades de restos de pintura, decapantes, botes de produtos de limpeza, aceite mineral usado, aceite vexetal usado, e en xeral todos aqueles cuxa separación dos outros residuos é conveniente e presenta vantaxes de xestión.

A Coruña conta con dous puntos limpos de achega voluntaria situados nos barrios dos Rosales e en Eirís . A estes dous recintos públicos, os cidadáns poden acudir libremente en horario de mañá e tarde, de luns a domingo, para depositar os residuos que non teñen cabida nos colectores que atopan en todas as rúas da coidade.

Nos puntos limpos dos Rosales e de Eirís podes entregar :

  • Electrodomésticos
  • Mobles e aveños
  • Podas e segas
  • Radiografías
  • Roupa e téxtiles
  • Botes de pintura
  • Botes de espray
  • Vidro e papel
  • Pneumáticos
  • Cascallos
  • Teléfonos móbiles
  • Pilas
  • Termómetros
  • Baterías de coche
  • Aceite
  • Televisores vellos
  • Cds e dvds
  • Toners
  • Fluorescentes
  • Cristais planos

Ademais, un punto limpo móbil percorre, de martes a sábado entre as 9 e as 2 da tarde, unha rúa da Coruña, facilitando así aos cidadáns a xestión dos residuos non voluminosos e a reciclaxe mediante a recollida selectiva.

Ao momento limpo móbil podes levar :

  • Aceite doméstico
  • Baterías e acumuladores
  • Tóner e cartuchos de impresora
  • Radiografías
  • Aerosois
  • Lámpadas e fluorescentes
  • Móbiles
  • Pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas ou computadores).
  • Pinturas e vernices
  • Outros residuos domésticos

O sector industrial dispón tamén de dous puntos limpos específicos situados nos polígonos de Pocomaco e da Grela.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión