Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xuño de 2019

A Coruña mantén esta tempada as cinco bandeiras azuis nas praias da cidade

A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade salientou que o Goberno local, e concretamente a súa área, teñen como prioridade a mellora continua dun espazo público máis coidado

O Concello da Coruña volve ter bandeiras azuis en todas as súas praias, tras confirmarse as cinco para esta tempada. No acto protocolario de izado da bandeira no areal de Riazor, a responsable da Concellería de Medio Ambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, salientou que "É unha boa noticia para A Coruña, un gran reclamo turístico e unha gran seguridade tamén para as familias". 

O Concello da Coruña mantén así as bandeiras azuis que no 2018 recibiron os cinco areais urbanos: Riazor, Matadoiro-Orzán, As Lapas, San Amaro e Oza. A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade recalcou que lle gustaría facer unha chamada para evitar o uso do plástico polo que empraza a que "temos que tender a que os plásticos desaparezan das nosas vidas e loxicamente dos espazos naturais que temos na cidade e niso imos poñer todo o empeño desde este goberno municipal e concretamente desde a miña área". 

No seu primeiro acto como concelleira e atendendo as preguntas dos xornalistas, sinalou como principais retos da súa concellería que "a partir do luns centrarémonos no tema de limpeza e residuos, un tema fundamental e no que nos imos empregar a fondo, pero no que está a traballar xa o magnífico equipo que temos en Medio Ambiente. Tamén temos a responsabilidade dos parques e xardíns, onde nos imos esforzar na recuperación, na posta en valor e ampliación das zonas verdes da cidade". 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión