Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de outubro de 2017

“ESTUDO E EXPANSIÓN DE ARBORADO” E PROXECTO DE “SUBMINISTRACIÓN E PLANTACIÓN DE ÁRBORES EN PARQUES E BORDOS VIAIS DEGRADADOS DA CIDADE DA CORUÑA”, PROMOVIDO POLO CONCELLO DA CORUÑA DENTRO DO PLAN PROVINCIAL DE MEDIO AMBIENTE (PMA) 2016, DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

É obxectivo prioritario da Concellería de Medio Ambiente acadar unha cidade ecoloxicamente sostible, mellorando as condicións ambientais da contorna urbana, co dobre obxectivo de ofrecer unha maior calidade de vida ós cidadáns e contribuír á loita contra o cambio climático.

O Servizo de Medio Ambiente, co obxecto de determinar as zonas de oportunidade e especies prioritarias para a expansión de arborado na cidade, decidiu elaborar un estudo de expansión do arborado, co obxecto de ter unha folla de ruta para a inversión en arborado no ano 2017. O dito mapeo centrouse nas zonas do Barrio das Flores e contorna, Monte Alto, Avda. Alfonso Molina, Novo Mesoiro, A Grela, Cemiterios de Feáns e Oza e Cidade Xardín.

A actividade anterior viuse complementada cun investimento en subministración e plantación de árbores en parques e bordos viais degradados da cidade, centrádose a dita intervención en tres zonas concretas da cidade: Novo Mesoiro, Barrio das Flores e Monte Alto.

Estes traballos desenvolvéronse co financiamento da axuda concedida polo Plan Provincial de Medio Ambiente (PMA) 2016 da Deputación da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión