1 de febreiro de 2024
A concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, informou no pleno ordinario de febreiro da situación deste proceso
Durante a súa intervención no pleno ordinario do mes de febreiro, a concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, explicou os avances nas obras que se están a realizar nos vasos do vertedoiro de Nostián.
No vaso número 3, indicou a concelleira, completáronse xa as obras de anoiramento e cubriuse no 95% da súa superficie cunha capa de terra de 30 centímetros. O vaso número 2 explicou, atópase nestes momentos en obras de anoiramento, executadas xa nun 30%. A previsión, dixo, é que nun prazo de sete meses, se a meteoroloxía o permite, se completen as obras de selado de Nostián.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible