Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de setembro de 2017

Un total de 13 proxectos optan ás axudas da convocatoria impulsada pola Concellería de Medio Ambiente para a promoción da cultura ambiental e a autoxestión

O Concello destina 40.000 euros a esta convocatoria destinada a entidades sen ánimo de lucro, que o goberno local puxo a andar en réxime de concorrencia competitiva o ano pasado

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe María García, recibiu un total de 13 propostas, dentro da convocatoria de axudas para a promoción da cultura ambiental e a autoxestión, unha iniciativa que o goberno local puxo a andar por primeira vez o pasado ano como un proceso de concorrencia competitiva dirixido a dar apoio a actividades de entidades sen ánimo de lucro e que nesta segunda edición. Como recorda a edil desta área, o Concello destina 40.000 euros a esta convocatoria, que busca dar respaldo a aquelas iniciativas do tecido cívico que traballan na defensa e a conservación do medio ambiente, "unha tarefa, que entendemos que debe ser colectiva e compartida polas institucións e a cidadanía, e na que todos e todas debemos implicarnos", ademais de favorecer a autoxestión por parte das entidades, nun proceso que prima a calidade das propostas con criterios obxectivos, transparentes e igualitarios para as entidades.

A convocatoria incluíu, nesta segunda edición, dúas temáticas, como son a xestión de residuos e a economía circular e, por outra banda, a recuperación e conservación da natureza urbana, campos que, como incide a concelleira, teñen influencia directa na loita contra o cambio climático. As propostas recibidas, que están a ser analizadas polos servizos técnicos municipais, inclúen accións formativas en centros educativos, roteiros, iniciativas de sensibilización sobre  as bolsas de plástico comerciais, accións de fomento da bicicleta, obradoiros relacionados coa sensibilización ambiental, economía circular, residuos reciclaxe e outras temáticas, como a compra responsable ou a minimización de residuos, ademais de propostas que teñen que ver coa renaturalización de espazos urbanos ou as hortas urbanas, así como experiencias de cultivo. Son, como salienta García, proxectos diversos, que propoñen  formatos múltiples, e nas que as entidades da cidade traballan de xeito autoxestionado nunha cidade máis natural, máis ecolóxica e máis  respectousa, en concordancia coas políticas que o Concello impulsa en materia ambiental.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión