Concello da Coruña

Concello da Coruña

CONGREGACIÓN HERMANITAS ANCIÁNS DESAMPARADOS

Condicións do servizo

1.- Titular:

  1. CONGREGACIÓN HERMANITAS DOS ANCIÁNS DESAMPARADOS

    NIF: R 1500060 G

2.- Dirección da instalación:

C/ Santa Teresa de Fornet, nº 4

15009 A Coruña

3.- Actividade:

Hospedaxe de persoas con servizo de restauración e lavandería

CNAE: 8731

RDPH: Clase 1. Grupo 0. Servizos.

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Augas residuais de aseos, cociñas e lavandería.

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da restauración, limpeza, etc.

- Vertedura de augas pluviais.

5.- Coordenadas UTM arqueta toma mostras, FUSO 29.:

X: 549.121,16

E: 4.798.568,41

6.- Coordenadas UTM da conexión de fecais ao Saneamento Municipal. Fuso 29:

X: 549.144,35

E: 4.798.567,32

7.- Coordenadas UTM, pozo rexistro. Fuso 29:

X: 549.144,94

E: 4.798.565,63

8.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

12.312 m3/ano.

9.- Valores límite de emisión e parámetros a controlar:

Valor medio diario máximo

Valor instantáneo máximo

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

10.- Horario de Vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.

11.- Segundo a documentación achegada a instalación cumpre cos límites do apartado 9) desta Autorización, excepto nos valores do Nitróxeno Amoniacal e o Nitróxeno Kjeldahl, que superan os valores medios diarios, estando dentro do valor instantáneo máximo. Concédeselle un prazo de MES para que executen as mellores prácticas dispoñibles e volvan realizar unha analítica dos dous valores. Se esta non dese conforme, deberán executar unha medición en continuo de 24 horas.

12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo a documentación achegada, xa cumpre a instalación neste momento os límites de Vertedura.

13.- Programa de control de Verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas, hanse de efectuar por laboratorio homologado.

. Cada trimestre, efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 9) desta Autorización.

. Cada ano enviaranse ao Concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaranse ao Concello os documentos de xestión de servizos da arqueta separadora de aceites e graxas.

. Cada ano enviásense ao Concello os datos do consumo anual de auga da Rede Pública.

14.- Prazo e validez do permiso de Vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.

15.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de emerxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberá de comunicarse, antes de 24 horas ao Concello para tomar as medidas oportunas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión