Concello da Coruña

Concello da Coruña

ESPAZO CORUÑA, CENTRO COMERCIAL

Condicións do servizo

1.- Titular:

CORUÑA SHOPPING INTERNACIONAL, S.L.

c/Joaquín Bran, 2, Der, CD

28036 MADRID

NIF: B81989840

2.- Dirección da instalación:

Centro Comercial Espazo Coruña

c/José Pascual López Cortón, 10

15008 A Coruña

3.- Actividade:

Aluguer de locais para actividade comercial e industrial

CNAE: 68.2 Aluguer de bens inmobiliarios por conta propia

IAE: 861.2 Aluguer locais comerciais

RDPH: Clase 1, Grupo 0, Servizos

4.- Tipoloxía de augas residuais:

- Vertedura composta por augas fecais sanitarias, con augas procedentes da restauración, limpeza, garaxes, etc...(dúas acometidas)

- Vertedura de augas pluviais (unha por bombeo no sur e resto por gravidade a canle de pluviais no norte)

5.- Coordenadas UTM do pozo de evacuación por gravidade de fecais da urbanización e toma de mostras (acometida zona norte) FUSO 295:

X: 547752

E: 4.798.509

6.- Coordenadas UTM do pozo de evacuación por bombeo de fecais da urbanización e toma de mostras (acometida zona sur). Fuso 295:

X: 547.897

E: 4.798.299

7.- Coordenadas UTM, pozo rexistro pluviais. Evacuación por bombeo (acometida zona sur) FUSO 295:

X: 547.897

E: 4.798.297

8.- Caudais de vertedura

  1. Pluviais: 21.907m3/ano

  2. Fecais e proceso: 203.988m3/ano

    558m3/día

9.- Volume auga consumida da Rede Pública Municipal:

2.388,20 m3/mes;28.658,40 m3/ano(2013)

10.- Valores límite de emisión e parámetros a controlar:

Aceites e graxas

100 mg/l

150 mg/l

Amoníaco

30 mg/l

30 mg/l

Condutividade

5.000 mµ/cm

5.000 mµ/cm

DBO5

500 mgO2/l

1.000 mgO2/l

DQO

1.000 mgO2/l

1.500 mgO2/l

Hidrocarburos totais

15 mg/l

15 mg/l

Nitróxeno amoniacal

30 mg N/l

50 mg N/l

Nitróxeno Kheldajl

40 mg N/l

50 mg N/l

PH

5,5 - 9

5,5 - 9

Sólidos en suspensión

500 mg/l

1.000 mg/l

Tensioactivos aniónicos

6 mg MBAS/l

20 mg MBAS/l

Fluoruros

10mg/F/l

10mg F/l

11.- Horario de Vertedura:

Caudal uniforme todo o ano en horario de apertura do establecemento.

12.- Prazo para adaptarse aos límites de vertedura:

Segundo as analíticas achegadas de data 16/4/2015, nas dúas acometidas de fecais, nunha incumpren os parámetros de Fluoruros e na outra o Nitróxeno e Tensioactivos Aniónicos. Por tanto, concederáselles o prazo dun MES para unha nova análise de Fluoruros no acometida Sur-Este e de Nitróxeno total e amoniacal e deterxentes, no acometida Norte, previas actuacións necesarias para poder cumprir parámetros. Ditas mostras serán tomadas por laboratorio homologado.

13.- Programa de control de Verteduras:

. A toma de mostras e as analíticas, hanse de efectuar por laboratorio homologado.

. En espera das analíticas descritas no apartado anterior, cada trimestre, efectuarase unha analítica dos elementos do apartado 10) desta Autorización.

. Cada ano enviaranse ao Concello as analíticas trimestrais e anuais efectuadas.

. Cada ano enviaranse ao Concello os documentos de xestión de servizos dos separadores de hidrocarburos do parking e das arquetas separadoras de aceites e graxas.

. Cada ano enviásense ao Concello os datos do consumo anual de auga da Rede Pública.

14.- Prazo e validez do permiso de Vertedura:

Oito anos desde a notificación da concesión da Autorización de Vertedura, salvo os condicionantes do Artigo 15.5 da citada Ordenanza Municipal.

15.- Actuacións e medidas que deben de ser postas en caso de emerxencia:

Se unha analítica das recollidas trimestralmente dá valores por encima dos límites, deberá de comunicarse, antes de 24 horas ao Concello para tomar as medidas oportunas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión