Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

II edición Composta Coruña

Cando:

Dende o 17/12/2018 ata o 09/01/2019

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/12/2018 ata o 09/01/2019

Documentos:

Bases da convocatoria (146 KB)

II edición da Campaña de compostaxe doméstica

Que é a compostaxe?

Coñeces a compostaxe? Consiste en transformar os residuos orgánicos do teu fogar nun fertilizante para as túas plantas ou xardín. É sinxelo e moi cómodo.

Só tes que ter un pequeno espazo no xardín ou na horta e un composteiro.

Coa compostaxe, reciclas a materia orgánica e axudas a reducir a cantidade de residuos que acaban no colector. Os residuos non viaxan porque quedan na túa casa e isto permite cerrar o ciclo da materia orgánica, como na natureza, ademais de axudar a frear o cambio climático.

En que consiste a II edición de Composta Coruña?

Nesta II edición de Composta Coruña preténdese repartir de forma gratuíta 78 composteiros domésticos (4 de maiores dimensións que os 74 restantes) para introducir e facilitar a transformación dos residuos orgánicos, en fertilizante, a través da compostaxe.

Coa compostaxe recíclase a materia orgánica e axádase a reducir a cantidade de residuos que acaban no colector, tratando de mitigar o cambio climático. Os gastos de conservación e mantemento de cada un dos composteiros correspóndelle á súa persoa destinataria, que se compromete a utilizar o ben segundo a súa natureza.

Queres formar parte?

Só tes que ler as bases que se publicaron no BOP do día 17/12/2018 e que che achegamos.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?