Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicada listaxe definitiva de agarda das hortas urbanas do Parque Adolfo Suárez

Coa aprobación da listaxe de agarda se reubican definitivamente as persoas adxudicatarias dalgunhas parcelas e mesas de cultivo

Mediante Resolución asinada pola Concelleira de Medio Ambiente o 15 de febreiro de 2024 aprobouse a reubicación definitiva das persoas adxudicatarias das parcelas 1 á 10 que resultaron afectadas polas parcelas asolagadas,  adxudicándose as parcelas restantes con carácter definitivo, e aprobándose a lista de agarda definitiva de persoas para o parque de Adolfo Suárez.

Posteriormente, na visita realizada ao parque de Adolfo Suárez  o 21 de febreiro polos servizos técnicos municipais detectouse unha incongruencia entre a documentación obrante no expediente e a realidade existente no parque, da que se conluiu o seguinte:

  • Existen tres novas parcelas que non estaban contempladas nos planos, numeradas cos números 85, 86 e 87.
  • A parcela núm. 49 está ocupada por catro mesas de cultivo.
  • A parcela núm. 84 está ocupada por dúas mesas de cultivo.

Doutra banda, finalizado o prazo dado para a aceptación das parcelas/mesas e a recollida das correspondente chaves, constatouse a renuncia da parcela 81.

Por tanto, logo das diferencias detectadas  entre a realidade e a documentación obrante no expediente sobre as parcelas do parque de Adolfo Suárez, e tendo en conta esta renuncia, considerase necesario, atendendo ao estrito cumprimento das bases da convocatoria, e na busca dunha solución satisfactoria para as persoas adxudicatarias das parcelas 49 e 84 (ocupadas por mesas de cultivo), reubicar ás ditas persoas nas parcelas baleiras con núm. 85 e 86 respectivamente.

Así mesmo, a parcela 87 débese adxudicar, seguindo as bases da convocatoria, a persoa adxudicataria da mesa de cultivo 1, e a parcela 81 adxudicarase á persoa adxudicataria da mesa de cultivo 2.

Noutra orde de cousas, dectectouse na visita do día 21 de febreiro que as mesas de cultivo existentes no parque carecían de numeración, polo que é mester indicar ás persoas adxudicatarias das mesas núm. 2 e 3, a súa localización exacta (ver resolución adxunta).

Por outra banda, a cláusula oitava, parágrafo cuarto, das bases da convocatoria (BOP nº 28, de data 10 de febreiro de 2022), establece o seguinte: "As solicitudes que cumpran cos requisitos establecidos e recibidas con posterioridade ao prazo de presentación establecido, serán integradas por orde de presentación, a continuación dos solicitantes en prazo non adxudicatarios, na listaxe de espera da horta correspondente, (...)". Dende a finalización do prazo para a presentación das solicitudes en data 8 de novembro de 2023, obran no expediente dúas solicitudes achegadas fóra de prazo polo que procede a inclusión de ditas persoas na listaxe de agarda definitiva, tal e como sinalan as bases reguladoras da convocatoria.

Deste xeito e conforme ao INFORME PROPOSTA que se achega resólvese agora a reubicación definitiva das persoas adxudicatarias das parcelas e mesas de cultivo sinaladas, o emprazamento ás ditas persoas, para a entrega das chaves e a correspondente aceptación da parcela/mesa, e a actualización da listaxe de agarda do parque de Adolfo Suárez de conformidade co recollido no punto noveno das bases da convocatoria, incluíndo a incorporación de todas aquelas persoas que presentaron unha solicitude fóra de prazo pero que compren cos requisitos establecidos nas bases, quedando como se recolle na RESOLUCIÓN que se inclúe neste aviso.

Contra a presente resolución, que pon fin a vía administrativa, poden interpoñerse os seguintes recursos:

  • Con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o presente acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta resolución (artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas).
  • Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente acto (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso - Administrativa). No caso de que interpuxera previamente recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se teña producido a súa desestimación por silencio administrativo

En cumprimento do disposto na cláusula 9 da convocatoria, publicase a presente resolución na páxina web www.coruna.gal/medioambiente

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión