Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicadas as listas provisionais de admitidos e excluidos na segunda convocatoria de hortos de Adolfo Suárez

Ábrese agora un período de alegacións e emenda das solicitudes tras o que se resolverá a asignación definitiva de parcelas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 15/01/2024 ata o 29/01/2024

Xa rematou

Documentos:

Listaxe provisional admitidos/excluidos na segunda convocatoria de Adolfo Suárez e reasignación parcelas alagadas (681 KB)

O 10 de febreiro do 2022 publicáronse no BOP nº 28 as bases reguladoras da convocatoria de autorizacións para o uso das hortas urbanas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro, parque de Eirís e parque de Adolfo Suárez do Concello da Coruña, abríndose un prazo de 15 días naturais para que as persoas interesadas que cumprisen as exixencias previstas na convocatoria presentasen as súas solicitudes xunto coa documentación complementaria.

Logo de resolver as alegacións presentadas no trámite de emendas tras a publicación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para as hortas urbanas de Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Parque de Eirís e Parque de Adolfo Suárez, en data 9 de maio do 2022 adxudicouse definitivamente o uso das hortas da Agra do Orzán, Novo Mesoiro e Parque de Eirís, consoante o disposto nas bases reguladoras da dita convocatoria. Porén, e no que atinxe ás hortas urbanas do Parque de Adolfo Suárez, non puideron ser obxecto de adxudicación definitiva naquel momento ao estarse levando a cabo os traballos de acondicionamento do espazo, que remataron cunha disposición de 85 parcelas individuais, 4 mesas de cultivo, unha parcela de uso común e unha mesa de cultivo común.

Finalizados estes traballos, retomouse o procedemento de adxudicación definitiva do uso das hortas do Parque de Adolfo Suárez e, á vista das emendas e/ou alegacións presentadas dentro de prazo sinalado no apartado primeiro, publicouse na páxina web municipal a lista modificada de persoas admitidas e excluídas, incluíndo nela a aquelas persoas que emendaron no antedito prazo de conformidade co indicado nas bases. Así mesmo, acordouse abrir un prazo de dez días hábiles (do 25 de setembro ao 6 de outubro de 2023) para a presentación de posibles alegacións por parte das persoas interesadas, dado o tempo transcorrido desde que se iniciou o proceso de adxudicación.

Analizadas e resoltas as alegacións presentadas en prazo tras a publicación da lista de persoas admitidas e excluídas para o uso das hortas do Parque de Adolfo Suárez, en data 20 de outubro do 2023 adxudicáronse definitivamente as parcelas da horta urbana do Parque Adolfo Suárez, segundo as bases reguladoras da convocatoria. Así mesmo resolveuse abrir un novo prazo de quince días naturais para a presentación de solicitudes de autorizacións para o uso das hortas e mesas de cultivo que quedaron sen adxudicar no Parque Adolfo Suárez. O dito prazo contaríase a partir do día seguinte ao de publicación da Resolución de asignación das hortas na páxina web municipal.

A anterior resolución publicouse na páxina web municipal o 24 de outubro de 2023, polo que o novo prazo de quince días naturais para a presentación de solicitudes de autorizacións para o uso das hortas e mesas de cultivo que quedaron sen adxudicar comezou o 25 de outubro de 2023 e finalizou o 8 de novembro de 2023.

Finalizado o prazo para presentación de solicitudes relativas ás parcelas e mesas de cultivo que quedaron sen adxudicar, de conformidade coa resolución do resultado do sorteo previsto na cláusula 9 das bases reguladoras desta convocatoria, en base ao cal publicouse no DOG nº 18, de data 26 de xaneiro do 2023, como resultado a letra "V",  procede publicar para continuar coa tramitación do procedemento: a listaxe provisional de persoas admitidas, a listaxe provisional de persoas excluídas con posibilidade de emenda e a listaxe provisional de persoas excluídas sen posibiliade de emenda (persoas que non cumpren os requisitos establecidos no punto 2 das bases da convocatoria no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes nesta segunda convocatoria, BOP núm. 28, de data 10 de febreiro de 2022). Pódense consultar todos eses listados no documento adxunto.

As persoas solicitantes admitidas disporán dun prazo de 10 días hábiles desde a publicación da presente lista provisional para emendar as solicitudes presentadas, atendendo aos motivos que en cada caso se indican, de conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das Administracións públicas. No caso de non emendar a súa solicitude no antedito prazo de 10 días, entenderase que a persoa solicitante desiste da súa petición nos termos previstos no art. 68 da dita Lei, agás nos casos das persoas que teñan sinalado outro grupo ou outro parque, que no seu caso pasarán á situación sinalada na táboa anterior.

Parcelas baleiras

Por outra banda, logo da adxudicación definitiva en data 20 de outubro do 2023 das parcelas da horta urbana do Parque Adolfo Suárez, procede informar das que están baleiras, tanto as que quedaron sen adxudicar no seu momento por falta de solicitudes en prazo que cumprisen todos os requisitos, coma as que posteriormente á adxudicación non foron recibidas en tempo e forma. Son as parcelas 4, 8, 10, 14, 17, 21, 22, 24, 26, 31, 36, 39, 42, 43, 44, 46, 49, 51, 53, 56, 57, 65, 66, 67, 68, 69, 70, 71, 72, 73, 74, 75, 76, 77, 78, 79, 80, 81, 82, 83, 84 e as mesas 1, 2 e 3. 

Reasignación de parcelas alagadas

Ademáis, segundo consta no informe da Xefa de Sección de Xardíns de data 26/12/2023 e por cuestións alleas á Concellería Medio Ambiente, as hortas do número 1 á 10 atópanse anegadas impedindo un cultivo óptimo por parte das persoas adxudicatarias e, nalgúns casos, impedindo temporalmente o seu uso.

En tanto non se arranxa o problema xurdido e coa finalidade de proporcionar unha solución eficaz que non prive ás persoas afectadas do seu dereito, proponse a adxudicación das parcelas baleiras tal e como se amosa no documento adxunto.

As persoas afectadas por esta reubicación terán un prazo de 10 días hábiles dende a publicación deste documento para presentar a súa aceptación, ou renuncia por escrito, achegándose ás dependencias do Servizo de Medio Ambiente sito na rúa Pedro Ferrer s/n (Edificio Casa da Auga), en horario matutino de 08:30 a 14:30, para a sinatura e recollida das chaves correspondentes.

No caso de non presentarse en dito prazo, entenderase que a persoa solicitante renuncia á proposta da nova parcela, mantendo en todo caso, a parcela inicialmente outorgada. 

Lémbrase que a renuncia a esta proposta non exime ás persoas adxudicatarias da obriga recollida no punto 17 da convocatoria, e do mesmo xeito, o seu asolagamento tampouco será motivo de alegación no caso de revogación por incumprimento do punto 17.b) das bases da convocatoria.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión