Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Parque de Bens

Enderezo:

Parque de Bens. 15011 A Coruña

Coordenadas GPS:

43.3654,-8.4408

Páxina web:

http://www.coruna.es/medioambiente

Servizos:

Aparcadoiro.

Zona de xogos infantís, con xogos adaptados para nenos con discapacidade.

Área de lecer con mesas e cadeiras.

Horario:

Luns a domingo de 09.00 h a 22.00 h.

Máis de 60 hectáreas, unha superficie de lecer de 9.500 m², un total de case 13 km de carreiros para percorrer, 2.000 m² de estanques con patos, 230 puntos de luz, abundante mobiliario urbano, etc. Estes datos revelan a firme aposta da Coruña por dotarse dun extraordinario espazo de recreo no que se conxugan a conservación e a recuperación da natureza coas actividades de lecer e aire libre propias dunha cidade moderna.

Este parque, desenvolvido polo Concello coa colaboración da Unión Europea e do Estado, nace froito da solidariedade e da defensa do medio ambiente. Supón a culminación dun proxecto común de toda a cidade, xa que nos permite cerrar unha das páxinas máis difíciles que nos tocou vivir na historia da cidade cando aquí se derrubou o vertedoiro do mesmo nome.

No Parque de Bens os veciños da Coruña e os seus visitantes poden pasear e descubrir novas vistas sobre a cidade, o Golfo Ártabro ou o mar aberto, vistas perdidas dende había anos. Deste xeito tamén a mirada se recuperou.

O 5 de xuño do 2001, menos de cinco anos despois do derrubamento do antigo vertedoiro, e coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, inaugurábase o espazo. O día da súa apertura foron máis de 30.000 coruñeses, invitados persoalmente, os que viñeron ata aquí a darlle a benvida á cidade a este novo espazo verde, ao que aínda lle quedan moitos anos para desenvolverse.

Pero o Parque de Bens é moito máis: moito máis que amplas zonas verdes, sendeiros e lagoas. É, sobre todo, unha nova forma de pensar a Terra, o noso planeta, feita realidade. O Parque de Bens é recuperación e conservación de valores naturais, históricos, paisaxísticos, arquitectónicos... Todo iso integrado no desenvolvemento das nosas capacidades como cidadáns e como cidade.

O Parque de Bens é harmonía. Entre cada un de nós e a natureza.

Datos clave:

  • Superficie total: 605.000 m2
  • Superficie valada vertedoiro: 215.000 m2
  • Superficie recuperada: 302.000 m2
  • Espazo natural : 88.000 m2
  • Lixo recolocado: 1.300.000 m3
  • Movemento de terras: 725.00 m3
  • Tubaxes lixiviadas e drenaxes: 14.325 ml
  • Tubaxes captación de gas: 4.480 ml
  • Pozos captación de gas: 76 u.
  • Perforación vertical recuperación gas: 2.110 ml
  • Estanques iluminados fibra óptica: 2.050 m2
  • Impermeabilización: 210.00 m2
  • Hidrosementeira e céspede: 515.000 m2
  • Puntos de luz: 232 u.

Datos de interese:

  • Inauguración: 5 de xuño de 2001.
  • O parque ten unha superficie de 390.000 m². Conta con dous lagos, un con fervenza, que ocupan 2.500 m².
  • Nel atópase o barco «Blanca Quiroga» doado pola Cruz Vermella. Foi a primeira lancha de salvamento de España.

Tamén che pode interesar

Avisos e eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

  • (A)COLLE PARA LLES DAR VIDA

    Campaña acollida de animais

    Cando:

    Dende o 22/11/2016 ata o 28/02/2018

    O Servizo de Medio Ambiente pon en marcha a campaña (A)COLLE de adopción responsable de cans e gatos que se atopan nol centro municipal de acollida animal

Axenda

Enerxía sostible

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Aviso legal

De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello da Coruña, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Pza. María Pita, número 1), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 | 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?