Concello da Coruña

Concello da Coruña

AGRA DIRECTO. ARTE URBANA

En ARTE E CULTURA URBANA para transformar o barrio un grupo de artistas locais traballarán, durante cinco días, nun proxecto global de intervención urbana que modificarán dous espazos públicos da Agra do Orzán coa participación de 10 veciños do barrio por actividade.

A quen vai dirixido?:

Público en xeral.

Cando:

Dende o 29/09/2014 ata o 05/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuítas.

Requisitos:

Moitas actividades teñen inscrición previa en agradirecto@coruna.es . Consulta o formulario de inscrición previa dentro da ficha de cada actividade.

O prazo de inscrición finaliza 2 días antes do comezo de cada actividade.

No caso de inscrición de menores, é necesario presentar unha autorización asinada de pai/nai ou titor/a.

Páxina web:

http://www.coruna.es/agradirecto

Agra Directo é tamén un foco de difusión de arte emerxente e un trampolín para creadores locais que mostrarán proxectos artísticos de maneira aberta e gratuíta nas rúas, prazas e comercios do barrio contando coa participación de todos os veciños.

A sección oficial divídese en CATRO EIXOS TEMÁTICOS, un por cada unha das catro semanas do Festival: Arte urbana, Fotografía, Sostenibilidade e Artes escénicas.

PRIMEIRA SEMANA: ARTE URBANA

O Colectivo Dasartes creará un XARDÍN DAS IDEAS na contorna do depósito de auga do Ventorrillo a través do tratamento tipográfico e pictográfico do chan ou a xeración de mobiliario ecolóxico móbil. Do 29 de setembro ao 3 de outubro, Héctor Francesch e o seu PROXECTO WINDOW representará o carácter cosmopolita do barrio cunha intervención na fachada das tres torres situadas na Ronda de Outeiro, 276; convidando a todos os veciños a participar na realización dun mosaico multicolor e multicultural. A actividade culminará co acendido de luces das torres ao que todas as persoas participantes e veciños estarán convidados.

Ambas as actividades deste proxecto pretenden poñer en valor os ditos espazos e convertelos en parte dun circuíto expositivo permanente ao aire libre, atractivo para veciños e visitantes. Todas as actividades requiren inscrición previa gratuíta na web do festival ou presencialmente no Centro Ágora.

Ademais, e como actividades complementarias nesta semana, organizarase un ENCONTRO VECIÑAL sobre arte e participación cidadá (3 de outubro) no Centro Ágora. Pola súa banda, o colectivo Bababum levará a cabo o taller xuvenil de pintura mural AS CARAS DO BARRIO no Camino del Pinar (4 de outubro) no que 16 mozos do barrio, de entre 13 e 17 anos, realizarán un mural colectivo ao ritmo da música de mixtapes dalgúns dos dj´s máis coñecidos da cidade.

Cerrará as actividades de arte urbana un TALLER CREATIVO PARA NENOS de entre 5 e 12 anos que fomentará o seu lado máis artístico. Ambos os talleres requiren inscrición previa.

Agra Directo forma parte do proxecto Urbana C da Concellería de Cultura do Concello da Coruña co financiamento dos fondos europeos FEDER.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión