Érase unha vez unha galaxia, a galaxia Leo T formada por planetas, estrelas e Martes. Martes é un ser espacial que vive entre a lúa e as estrelas, gústalle xogar con elas e nunca, nunca se afasta.
Familias con crianzas de 2 a 4 anos
Familias, Para público en general
02/01/2020
Ya ha finalizado
Desde el 19/12/2019 hasta el 02/01/2020
A inscrición comezará ás 10.00 h. Para crianzas entre 2 e 4 anos, acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o. Se por algún motivo non se puidese vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Dous pases: 17.00 e 18.30 h
40 min aprox.
De balde e con inscrición previa
lingua@coruna.es
981 184 200 ext. 34322
Martes tenlles medo ao lobo, aos monstros, aos tronos, aos peidos... por iso nunca saíu da Lúa, dorme no seu colo e sácalle brillo para non quedar a escuras. Martes naceu un martes de lúa chea, algúns din que é fillo da Lúa pero iso non o sabemos. Ten un amigo, Pin, co que xoga sen parar.
Un día un monstro come as súas estrelas e a Pin. Martes terá que se enfrontar ao seus medos para poder salvar as estrelas e o seu amigo. Para iso inicia unha viaxe alén do Sol e de camiño coñecerá divertidos e estraños personaxes.
A actividade desenvolverase no auditorio do Centro Ágora e haberá dous pases: ás 17.00 e ás 18.30 horas.
Organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.
Entidades
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible