Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Poetas di(n) versos RATI SAXENA e HELENA VILLAR JANEIRO

Un intimismo humanista e fondamente lírico atravesa as poéticas en hindi e en galego- destas dúas experimentadas autoras chegadas de Kerala e Rianxo, no último recital desta tempada.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

08/06/2015, de 20:30 a 22:00

Ya ha finalizado

Horario:

20.30 H

Duración:

1 hora

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Calle Ágora. 15010 A Coruña

Precio:

Entrada libre ata completar capacidade

Documentos:

Programa (899 KB)

RATI SAXENA

Natural do Rajhastán e residente no estado de Kerala (sur da India), Rati Saxena é poeta, tradutora, editora, promotora cultural e estudosa dos Vedas. Autora de once poemarios en hindi e inglés, algúns libros seus foron publicados tamén en tradución ao malabar, irlandés, italiano e inglés. Como estudosa dos textos sagrados da literatura clásica escrita en sánscrito, a súa pescuda no Atharvaveda viu a luz co título de The Seeds of the Mind e grazas ao padroado do Centro Nacional das Artes Indira Ghandi. Publicou tamén un diario de viaxes, un libro de memorias e un ensaio crítico sobre a obra do afamado poeta malabar Balamaniyamma.

Como tradutora ten vertido unha ducia de obras, tanto en prosa como en verso, escritas en malabar (lingua falada en Kerala) para o hindi, así como dous libros noruegueses. Este labor valeulle o premio da Kendriya Sahitya Akademi no ano 2000. Por outra banda, textos seus teñen sido traducidos a idiomas coma o chinés, vietnamita, albanés, español, uzbeco ou indonesio.

Participou en diversos seminarios celebrados no seu país e ten colaborado nun bo número de publicacións periódicas. Fóra da India, impartiu conferencias en universidades americanas e fixo parte de numerosos festivais internacionais de poesía en países como Italia, Noruega, Macedonia, Austria, Colombia, Irán ou China, e é unha das tres representantes en Asia do World Poetry Movement. Rati Saxena dirixe anualmente o "Festival de poesía Kritya", e é editora da revista literaria dixital do mesmo nome.

HELENA VILLAR JANEIRO

Nada en Becerréa (Lugo), Helena Villar Janeiro é poeta, conferenciante, narradora, articulista en prensa e tradutora. Traballou como profesora de Ensino Primario e Secundario e, hoxe retirada, vive entre Compostela e Rianxo. Entre os anos 2005 e 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e membro do plenario do Consello da Cultura Galega.

Comezou na poesía facendo parte do colectivo "Cravo Fondo" (1977), e chegaría a coordinar coleccións poéticas como as de Eusebio Lorenzo e Poetas con Rosalía. Na súa obra en verso cabe salientar títulos como Alalás (1972), Rosalía no espello (1985), Festa do corpo (1994), Álbum de fotos (1999), Nas hedras da clepsidra (1999), Pálpebra azul (2003) e Remontar o río (2014). Tamén en clave poética foron algúns dos libros escritos en colaboración con Xesús Rábade Paredes, o seu home, con quen deu ao prelo multitude de obras de natureza diversa. Ou as entregas para público infantil, ao que dedicou unha ampla produción tanto en verso como en prosa. Pechan o capítulo poético unha chea de textos saídos en libros colectivos e revistas literarias, e galardóns coma o Manuel Antonio, o Galicia, o Chao Ledo, o Eusebio Lorenzo Baileirón, o Xacobeo ou o accésit do González-Garcés.

Villar Janeiro é tamén autora de ensaios, de relatos -polos que recibiu premios coma o Modesto R. Figueiredo- e unha habitual colaboradora en prensa escrita que foi recoñecida co premio Puro Cora. Nos últimos tempos incorporou a fotografía ao seu labor creativo, integrando palabra literaria e imaxe, algo que tamén fixo coa obra pictórica doutros artistas.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión