LOCALIDADES ESGOTADAS
Familias
04/06/2023
Entradas esgotadas
11:30 e 13:00 h - LOCALIDADES ESGOTADAS
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
Abono Familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 € (só nos despachos de billetes)
Menores de 3 anos: 2,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo agora@coruna.gal
IMCE
agora@coruna.gal
Ista é a historia dunha nube viaxeira, que despois de percorrer mundo e acumular auga e máis auga fíxose grande, grosa e gris.
Agora necesita chover e buscará un lugar onde a súa auga sexa proveitosa e limpe rúas, regue campos e encha ríos. Pero cada vez que tenta chover alguén o para, debido a que "nunca chove a gusto de todos". Conseguirá chover e axudar alguén?
Maletas que viaxan coa nube e que abren mundos máxicos cheos de sorpresas e pequenos monicreques. Cancións e música en directo acompañan a historia desta nube grande, grosa e gris.
Desde Teatro al Detall puxemos toda a nosa experiencia teatral neste pequeno espectáculo, feito con moito amor, que deixa abraiados os pequenos e emocionan os maiores. Un espectáculo próximo, con todo o noso estilo e toda a nosa poética ao servizo dos primeiros espectadores.
https://www.youtube.com/watch?v=ekovo_nH82k&t=1s
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Xavi Idàñez e Txell Botey.
Texto: Teatre al detall a partir do conto orixinal de Antoni Cuadrench.
Dirección: Joan Maria Segura Bernadas e Teatre al detall.
Música: Xavi Idàñez.
Escenografía e vestiario: Teatre al detall.
Títeres e obxectos: TxellBotey.
Iluminación: Yuri Plana.
Peza de teatro con monicreques e música en directo, en castelán.
Duración: 30 min.
Público: Familiar con bebés, desde 6 meses ata 4 anos.
VENDA DE BILLETES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible