Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Reunión informativa da Semente Coruña 

O Ágora acolle unha reunión informativa da Semente Coruña.

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

23/03/2023

Ya ha finalizado

Horario:

19:30 h en el Aula 16 do Centro Ágora

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

libre ata completar a capacidade 

Organiza:

Semente Coruña 

Contacto:

655 439 276, ou o enderezo electrónico corunha@semente.gal

A Semente Coruña, asociación cultural sen ánimo de lucro dedicada á creación dun espazo socio-cultural e pedagóxico de inmersión en galego na contorna coruñesa, ofrece una reunión informativa sobre o seu proxecto educativo dedicado á etapa infantil (2-6 anos) o vindeiro xoves 23 de marzo às 19:30 no Ágora.

A reunión é de balde, e aberta ao público até completar aforo.A sesión contará coa presenza de representantes da coordinadora da Semente Coruña, que presentarán os piares do seu proxecto infantil: (1) o dereito de nenas e nenos a seren educados integramente na súa lingua materna, (2) o dereito a seren respectados nos seus ritmos e fomentada a súa independencia e auto-regulación, e (3) o dereito a unha educación que fomente a igualdade, e o coñecemento e respecto do medio natural e cultural propios.

Seguindo a presentación, atenderán as preguntas das persoas asistentes.

A Semente Coruña naceu na cidade herculina no 2018, e desenvolve unha variedade de actividades dirixidas a grandes e miúdas no seu local, situado entre os barrios de Someso, Martinete e Birloque (r/ Alberto Garaizábal Macazaga, 7). Ademais do seu proxecto educativo infantil (2-6 anos), ofrecen, entre outras, aulas de música e baile galego, sesións de movemento e expresión corporal en familia, e un grupo de crianza en galego, alén de obradoiros e celebracións tradicionais.

Para máis información sobre a Semente Coruña e as súas actividades, remitimos á súa páxina

web https://sementecorunha.gal, as súas redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter) o teléfono de contacto 655 439 276, ou o enderezo electrónico corunha@semente.gal

Compartir en Tuenti

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión