Inscricións (limitadas a 3000 atletas)
Inscrición en liña:
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.
As persoas que se inscriban no prazo extraordinario, non se lles garantirá a entrega dunha camiseta, xa que a produción das mesmas débese facer coa antelación suficiente.
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
Inscrición presencial:
Poderá realizar a inscrición presencial para a Carreira Popular C10, cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota.
Bonificación:
50% de desconto para maiores de 65 anos, acodes usuarias do Carné Novo, familias numerosas e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento en que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais, é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com :
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizará ás 12:00 horas do 25 de setembro de 2026, coincidindo co final do prazo ordinario de inscrición.
Devolución da cota de inscrición
Só se devolverá a cota de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, a condición de que se presenta un xustificante no que non aparezan datos de saúde, polo menos con 10 días de antelación á celebración da pruena, enviando un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com .
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizase ás 12:00 horas do 25 de setembro de 2026, coincidindo co fin do prazo ordinario de inscrición.
Entrega de dorsais e camisetas
As/vos atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Non se entregarán dorsais o mesmo día da carreira.
Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.
Habilitarase unha dirección de correo electrónico para atender os casos debidamente xustificados que impidan a recollida de dorsais nas datas establecidas para o efecto.
A organización resérvase o dereito de modificar o período de inscrición así como o número de dorsais de carreira. Informarase dos cambios a través das canles oficiais de comunicación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible