O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 4 de outubro de 2026 na Coruña a XX Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no Calendario Oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.
A saída estará na avenida de Montoto e a meta en Praza de María Pita .
ENTREGA DE DORSAIS
Os/as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Non se entregarán dorsais o mesmo día de carreira.
Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.
CAIXÓNS DE SAÍDA
Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polas persoas participantes na inscrición, que será publicada na páxina web da organización.
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que se lles asigne.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible