Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscrición

Inscricións (limitadas a 3000 atletas)

Inscrición en liña:

  1. A inscrición en linea realizarase a través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento, ata o 27 de setembro de 2026.
  2. Cota e prazos de inscrición:
  • Prazo reducido: ata o domingo 16 de agosto: 10 €
  • Prazo ordinario: ata o venres 25 de setembro: 15 €

Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.

  • Prazo extraordinario: 26 e 27 de setembro: 25 €.

As persoas que se inscriban no prazo extraordinario, non se lles garantirá a entrega dunha camiseta, xa que a produción das mesmas débese facer coa antelación suficiente.

A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.

Inscrición presencial:

Poderá realizar a inscrición presencial para a Carreira Popular C10, cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota.

  • Prazo: ata o venres 25 de setembro, no horario comercial do Corte Inglés.
  • Lugar: Rúa Ramón y Cajal - A Coruña

Bonificación:

50% de desconto para maiores de 65 anos, acodes usuarias do Carné Novo, familias numerosas e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento en que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais, é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com :

  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
  • Acodes usuarias do Carné Novo: fotocopia do DNI e do Carné Novo
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas expedido polo Servizo Público de Emprego (SEPE) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego.
  • Familias numerosas: título de familia numerosa.

O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizará ás 12:00 horas do 25 de setembro de 2026, coincidindo co final do prazo ordinario de inscrición.

Devolución da cota de inscrición

Só se devolverá a cota de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, a condición de que se presenta un xustificante no que non aparezan datos de saúde, polo menos con 10 días de antelación á celebración da pruena, enviando un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com .

O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizase ás 12:00 horas do 25 de setembro de 2026, coincidindo co fin do prazo ordinario de inscrición.

Entrega de dorsais e camisetas

As/vos atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.

Non se entregarán dorsais o mesmo día da carreira.

Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.

Habilitarase unha dirección de correo electrónico para atender os casos debidamente xustificados que impidan a recollida de dorsais nas datas establecidas para o efecto.

A organización resérvase o dereito de modificar o período de inscrición así como o número de dorsais de carreira. Informarase dos cambios a través das canles oficiais de comunicación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión