Concello da Coruña

Concello da Coruña

Premios e trofeos

Outorgaránselles os trofeos no escenario da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10. E ás tres primeiras persoas gañadoras da carreira, clasificación xeral (feminina e masculina).

Informarase nesta web do horario de entrega de trofeos.

Os/as atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento en que pola megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta.

Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos canto antes para evitar esperas innecesarias.

Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado, entenderase que renuncian a este.

PREMIOS ECONÓMICOS

PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): o/a atleta que gañe a carreira e bata o récord da proba tanto en categoría masculina (28:09) como en categoría feminina (31:40) obterá un premio de 2.000 euros.

Xeral:

Posto Premio CONDICIÓN*
Homes Mulleres
1.º 1000 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
2.º 700 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
3.º 500 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
4.º 350 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
5.º 250 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.

Atletas con nacionalidade española (premio non acumulable)1

Posto Premio CONDICIÓN*
Homes Mulleres
1.º español/a 400 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
2.º español/a 250 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
3.º español/a 150 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.

(1) Considérase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.

Atletas galegos/as (premio non acumulable)2

Posto Premio CONDICIÓN*
Homes Mulleres
1.º galego/a 200 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
2.º galego/a 150 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
3.º galego/a 100 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.

(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún Concello de Galicia. Para poder recibir o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal

Atletas coruñeses/as (premio non acumulable)3

Posto Premio CONDICIÓN*
Homes Mulleres
1º coruñés/a 200 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
2º coruñés/a 150 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
3º coruñés/a 100 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos

* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.

(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña. Para poder recibir o premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento ao enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal

Normas relativas a todos os premios

Os premios en metálico non serán acumulables, con excepción do récord da proba.

En caso de obter dous premios ou máis, aboarase soamente o premio de maior contía, e non será o dito premio acumulable con outro/s.

Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.

Co obxectivo de poder revisar as condicións estipuladas e atender calquera posible reclamación, a organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión