
Nesta páxina poderá consultar toda a información sobre a carreira de 5 quilómetros que terá lugar de xeito paralelo a Coruña 21
PERCORRIDO
O circuíto publicarase de xeito previo á realización da proba na web de inscricións www.carreriasgalegas.com e no portal web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares
INSCRICIÓN
Inscrición en liña:
A través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59 horas do domingo 22 de febreiro de 2026.
Cota e prazos de inscrición:
Inscrición presencial:
En El Corte Inglés, rúa Ramón y Cajal 57, 15006, no horario comercial do centro.
Cota e prazos de inscrición:
Categorias:
No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías deberá ser remitida, dentro do prazo de inscrición da proba, unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, concretamente, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
Devolución da cota de inscrición
Devolverase a cota de inscrición na súa totalidade, só no caso de lesión e/ou enfermidade, sempre e cando se presente un xustificante no que non aparezan datos de saúde, con polo menos 10 días de antelación a celebración da proba, enviando un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com.
Se non se envía o antedito informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados, a organización avaliará se se devolve a cota.
SERVIZOS
Ofreceranse os mesmos servizos que na C21 a todos os participantes para garantir a máxima satisfacción dos corredores antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 1 de marzo.
Pode consultar todos os servizos na páxina especifica: Servizos ás persoas corredoras
ENTREGA DE TROFEOS - 5K
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas das categorías sub 16, sub 18 e Absoluta.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través do portal web municipal, www.coruna.gal/carreiraspopulares, e das páxinas web www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com
As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estaren pendentes da chamada a cada unha das categorías (masculina e feminina).
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo.
Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas.
Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias.
REGULAMENTO
Pode consultalo na seguinte ligazón:
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible