Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscrición

Cartel C21

Os participantes poderán formalizar a súa inscrición:

Inscrición en liña: A través da pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa ata as 23:59 horas do 22 de febreiro de 2026.

Cota e prazos de inscrición:

  • Prazo ordinario: ata o 8 de febreiro de 2026 ata as 23:59: 20 €
  • 2º prazo: desde o 9 ata o 20 de febreiro de 2026 ata as 23:59: 30 €
  • Prazo extraordinario: 21 e 22 de febreiro de 2026 ata as 23:59: 40 €

Inscrición presencial:

No Corte Inglés, rúa Ramón e Cajal 57, 15006, no horario comercial do centro.

Cota e prazos de inscrición:

  • Prazo ordinario: desde o 12 de xaneiro de 2026 ao 7 de febreiro de 2026: 20 €
  • 2º prazo: desde o 9 ata o 20 de febreiro de 2026: 30 €

Bonificacións: 50% de desconto para maiores de 65 anos, acodes usuarias do Carné Novo e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento no que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico á seguinte dirección info@carreirasgalegas.com

  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
  • Acodes posuidoras do Carné Novo: fotocopia do DNI e do Carné Novo.
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (antigo INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego.

Devolución parcial da cota de inscrición

Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un xustificante no que non aparezan datos de saúde, con polo menos 10 dias de antelación á celebración da proba, na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 - Edificio Federacións. 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com)

Inscrición gratuíta para aqueles participantes do circuíto de Carreiras Populares - Coruña Corre 2025, que finalizaron as 7 carreiras como "premio á fidelidade".

    Outros contidos relacionados

    • XVIII C21 2026 - Regulamento Específico (1 MB)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión