Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se colapse a dita proba no seu comezo. Cada un deses caixóns pódese identificar cunha cor de dorsal distintiva, indicada no cadro. Pídeselles responsabilidade ás e aos atletas á hora de situarse neles para podermos gozar todas/os o día da carreira.
Caixón 1 Verde |
Igual ou < 34 min en 10km Igual ou < 1h 20 min no medio maratón |
Caixón 2 Vermello |
Entre 34:01 e 36 min en 10km. Entre 1h 20:01 e 1h 25 min no medio maratón |
Caixón 3 Amarelo |
Entre 36:01 e 38 min en 10km Entre 1h 25:01 e 1h 30 min no medio maratón |
Caixón 4 Azul |
Entre 38:01 min e 45 min en 10km Entre 1h 30:01 e 1h 40 min no medio maratón |
Caixón 5 Morado |
Tempos superiores a 45:01 en 10km e 1h 40:01 no medio maratón Sen marcas oficiais acreditadas en 10K ou medio maratón |
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da R.F.E.A.
Todas as reclamacións deberánselle realizar verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona da meta, ata 30 minutos despois da publicación dos resultados.
Serán descualificadas as persoas corredoras que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Xurado, Servizos Médicos ou membros da organización debidamente identificados.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
Outros contidos relacionados
Seguindo as normas da I.A.A.F, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente cada 5 quilómetros.
Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberallo entregar á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo. No caso de que o/a participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a descualificación da carreira do/a infractor/a.
Así mesmo poñeranse a disposición das persoas corredoras colectores suficientes para a recollida dos residuos, que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización por parte das persoas participantes poderá supoñer a súa descualificación.
Outros contidos relacionados
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Todos os corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, debendo comunicalo na web e na información ás persoas participantes.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da IAAF.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible