Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de novembro de 2022

A alta inscrición desdobra algunhas carreiras do Ventorrillo

As probas de menores ampliarán o seu horario previsto e as de peques comezarán ás 12.55 horas

O récord de inscrición da penúltima proba de Coruña Corre, este domingo 6 de novembro no Ventorrillo, obrigou a desdobrar algunhas carreiras. As últimas series, as de peques, comezarán cara ás 12.55 horas, media hora máis tarde do inicialmente previsto.

A mañá deportiva dará comezo ás 10.00 horas coa carreira absoluta, á que se inscribiron máis de mil persoas.

Ás 11.15 chegará a quenda da sub-18 para mozos e mozas para comezar coas probas de menores. Estes son os horarios das seguintes carreiras:

  • 11.30 Sub-16 masculina e feminina.
  • 11.45 Sub-14 feminina.
  • 12.00 Sub-14 masculina.
  • 12.15 Sub-12 feminina.
  • 12.25 Sub-12 masculina.
  • 12.35 Sub-10 feminina.
  • 12.45 Sub-10 masculina.
  • 12.55 Peques.

A entrega de trofeos está prevista para as 13.25 horas na zona de meta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión