Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de febreiro de 2026

A C21 bate o seu récord histórico de inscricións e acada o sold out inicial fixado nos 2.500 dorsais

O vindeiro medio maratón contará cunha medalla finisher que premiará o esforzo dos deportistas que crucen a liña de meta. O deseño está inspirado, ademais, no punto e final desta edición: a praza de María Pita

A un mes da celebración da XVIII edición do medio maratón C21, a proba continúa medrando e consolídandose como unha referencia no calendario nacional. Esta fin de semana, a carreira fixo sold out ao chegar ás 2.500 persoas inscritas, cifra récord de dorsais que supera o máximo histórico acadado hai once anos.

Tras completarse este cupo, vén de habilitarse unha lista de agarda, coa finalidade de que, no caso de ampliarse o número de inscricións, as persoas anotadas poidan optar a participar na proba.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou que "este crecemento responde ao obxectivo claro indicado pola nosa alcaldesa á Concellaría de Deportes de impulsar as probas deportivas da cidade e situalas como referentes a nivel nacional, tanto polo seu nivel organizativo como pola experiencia que ofrece a cidade ás persoas participantes". Un camiño, subliñou, "que xa está a dar froitos".

Proba diso é que A Coruña foi escollida pola Real Federación Española de Atletismo como sede do Campionato de España de Ruta 2027, que inclúe as distancias de 5K, medio maratón e 1K, un recoñecemento que reforza o posicionamento da cidade como escenario idóneo para a celebración de grandes eventos deportivos.

Unha medalla como premio ao esforzo

Outro dos atractivos desta edición será a nova medalla finisher, que recibirán todas as persoas que crucen a liña de meta. O seu deseño está inspirado na localización da chegada deste ano, a praza de María Pita, e concíbese como o premio ao esforzo, á constancia e á superación persoal dos corredores e corredoras.

Como novidade, existirá a posibilidade da gravación personalizada da medalla, a cal deberá ser solicitada mediante un procedemento específico do que a organización informará con antelación á celebración da proba.

A 5K, unha carreira para todos os públicos

Desde a Concellería de Deportes anímase tamén á cidadanía a participar na proba dos 5 quilómetros, unha carreira aberta a todos os públicos e idades, pensada para fomentar a práctica deportiva e permitir que máis persoas formen parte dunha xornada festiva arredor do atletismo e do deporte na cidade.

As inscricións na 5K permanecerán abertas ata o 22 de febreiro, con diferentes tramos de prezos. A día de hoxe, sumando a C21 e a 5K, xa son máis de 3.800 as persoas inscritas, unha cifra que reforza o éxito e a proxección desta edición.

En paralelo, o Goberno de Inés Rey traballa tamén na programación da vindeira edición do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que fará oficial o calendario deste ano na gala que terá lugar o vindeiro día 20 de febreiro.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión