Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de setembro de 2022

A Exporunning regresa da man de Coruña42

Os días 30 de setembro e 1 de outubro volve a feira ao servizo das persoas corredoras

Co regreso de Coruña42 ao calendario atlético despois da pandemia, volve tamén a Exporunning, a feira ao servizo das persoas corredoras, que abrirá ao público os días inmediatamente anteriores á proba, o 30 de setembro e 1 de outubro.

Palexco, nun enclave privilexiado, fronte ao peirao de transatlánticos, será a sede desta nova edición de Exporunning, que conta coa organización do Concello da Coruña. Alí, as persoas participantes, ademais de recoller os seus dorsais e a bolsa do/a corredor/a, poderán descubrir as últimas novidades sobre a práctica do atletismo e todo o que se move ao seu arredor.

Nese punto de encontro para deportistas haberá espazo para nutrición, materiais deportivos con tendas especializadas en calzado e téxtil, provedores de servizos de hostalería ou de transporte aéreo e terrestre, clubs de running, outros maratóns, así como federacións e entidades deportivas.

A oferta de Exporunning inclúe relatorios multidisciplinares relacionados co deporte, a psicoloxía, a fisioterapia e outras cuestións derivadas da práctica do running.

A madriña desta edición será a atleta Julia Vaquero. Nada en Francia, pero criada na Garda (Pontevedra), especializouse en probas de media e longa distancia. Foi olímpica en Atlanta 96 e conquistou os europeos de cros de 1994 e 1996 así como o bronce por equipos en 1997. A súa historia deportiva transcendeu a outra de superación persoal.

Vaquero participará no Breakfast Run e, ademais, correrá a 10K paralela ao Maratón Atlántica. Tamén en Palexco, os e as atletas poderán gozar, ademais, da Pasta Party, onde se ofrecerá un buffet de pasta.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión