Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de febreiro de 2022

A túa camiseta, a túa carreira: Coruña21

A décimo cuarta edición de Coruña21 volverá encher as rúas de corredores e corredoras que portarán orgullosos/as as súas camisetas con motivo da carreira do próximo 13 de febreiro e que adquirirán ao inscribirse na proba.

Este ano estreamos lema: "Corre co Atlántico aos teus pés", que fai referencia á situación privilexiada do circuíto, nunha cita que congrega tanto a grandes campións e campioas, como a corredores/as populares de calquera nivel.

Coruña21 continúa perfilando a súa XIV edición para que a proba que se disputará nas rúas da cidade volva ser un éxito de participación e cumpra as expectativas das persoas corredoras. Estas ao se inscribir recibirán, como en pasadas casións, a camiseta oficial da carreira, que estrea lema: "Corre co Atlántico aos teus pés" en tipografía branca  acompañada dos logos de patrocinadores e organizadores. Na parte de atrás irá situado o logo de Coruña21 e a data da carreira deste ano.

A frase ilustra o espírito da localización do circuíto Coruña21, unha competición ao alcance de diferentes niveis, cuxo signo de identidade é un trazado rápido, alcanzable a case todos/as os/as corredores/as e no que as persoas participantes gozan. É a irmá pequena de Coruña42, moitas veces a primeira carreira á que se enfrontan un cada día maior número de deportistas que se atreven a participar nas carreiras de longas distancias.

Unha oportunidade para chegar á meta nun ambiente festivo e no que profesionais e populares gozan. A túa carreira, Coruña21.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión