Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de febreiro de 2018

A VIII Carreira Popular Torre de Hércules modifica o seu prazo de inscrición

A VIII Carreira Popular Torre de Hércules, que se realiza o sábado 31 de marzo, modificou o seu prazo de inscrición con motivo das xornadas festivas de Semana Santa. Finalmente, este prazo remata o luns 26 de marzo ás 24.00 horas. As inscricións faranse a través da seguinte ligazón: http://bit.ly/2BUxI4H

En canto á entrega de dorsais, esta efectuarase o día da carreira desde as 10.00 horas, ininterrompidamente, na Cidade Deportiva da Torre (Frontón). Todas as persoas participantes deberán inscribirse para esta carreira, independentemente de que figuren como participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto as persoas propietarias, a quen soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.

O novo horario de saída da carreira absoluta queda establecido nas 21.15 horas.

USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP

En canto ao chip, este ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha nocelleira á altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora. O chip amarelo de propietarios/as non se devolve. O chip para todo o circuíto non se devolve ata a súa finalización. O chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras, tampouco se devolve.

AVITUALLAMENTO DE META

Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas e todos os participantes en cada unha das categorías no punto de avituallamento, que estará situado nun lugar visible despois da meta.

COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS

Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira estean colocadas ao público.

As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas participantes que se anotaron ao circuíto ata a realización da carreira de Matogrande. As persoas que participen en todas as carreiras, pero inscritas individualmente a cada unha delas, non formarán parte da clasificación do circuíto.

ENTREGA DE PREMIOS

  • Categorías inferiores: 19:40 horas (categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil)
  • Carreira absoluta: 22:30 horas
  • Lugar: Frontón da Cidade Deportiva da Torre. Entregaráselles o Trofeo Varela Calviño ás persoas vencedoras absolutas, primeiro home e primeira muller da carreira absoluta.

As persoas participantes premiadas deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en que por megafonía se anuncie o seu inicio, así como estar pendentes do momento en que se chame a cada unha das categorías.

Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.

A organización agradécelles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.

Exclusivamente poderán subir ao podium os/as atletas premiados/as. Aqueles/as atletas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.

Toda a información está dispoñible na páxina web municipal, na sección correspondente a Coruña Corre:

/carreiraspopulares/gl/corunacorre

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión