Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2023

A proba popular por excelencia do trazado coruñés realizarase o vindeiro 23 de abril

Aberto o prazo de inscrición para a décimo sétima edición da carreira Coruña10

O Concello duplica o premio, ata os 2.000 euros, para quen bata o récord da proba tanto en categoría masculina como feminina

O próximo 23 de abril terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis multitudinaria das carreiras da cidade, e que este ano realizará a súa décimo sétima edición cun circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo. O prazo de inscrición xa está aberto para todas aquelas persoas que desexen participar.

As inscricións faranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 16 de abril ás 23:59 h. A cota de inscrición será de 6 euros para as persoas rexistradas ata o 9 de abril, e de 10 euros para quen realice a inscrición desde ese día ata o 16 de abril. Haberá un prazo extraordinario os días 17 e 18 de abril cunha cota de inscrición de 20 euros.

Os departamentos de Deportes dos centros de El Corte Inglés na Coruña (Rúa Ramón y Cajal), Santiago de Compostela (rúa do Restollal) e Vigo (Gran Vía) tramitan tamén desde hoxe as inscricións presenciais para a Coruña10. As inscricións pódense formalizar no horario comercial dos centros de El Corte Inglés ata o sábado 15 de abril.

Como vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta XVII Carrera Popular Coruña10 poderán participar atletas, con inscrición gratuíta, desde a categoría peques ata sub-18. A carreira ten un perfil practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade. A saída e a meta estará situada en Porta Real e a proba atravesará os Cantóns, Linares Rivas, a estrada do porto e o interior dos peiraos.

As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán distintos premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Haberá un total de 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras. Ademais, aquelas persoas participantes que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28'09") como na feminina (31'40") obterán un premio de 2.000 euros, co que se duplica o premio económico da pasada edición. O regulamento, así como todos os servizos que ofrece Coruña10, poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión