Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de xaneiro de 2023

Así son os 5K que acompañan á C21

Revelamos o circuíto da proba de 5.000 metros que o 12 de febreiro levarase a cabo en paralelo coa Coruña21

Coruña21 regresa a escena o próximo 12 de febreiro cunha 5K en paralelo que utilizará unha parte do circuíto do medio maratón. Desvelámosche o trazado.

A carreira menor ofrece a posibilidade de vivir o ambiente dunha das grandes citas do atletismo coruñés cunha distancia accesible para quen se inicie nas probas populares, retomen a actividade deportiva ou se preparen para outras carreiras do calendario como Coruña10 ou o Circuíto Coruña Corre. De feito, aquelas persoas que se apunten á proba de 5.000 metros contarán cun desconto do 50 por cento en Coruña Corre 2023.

A 5K será, na práctica, a prólogo do circuíto de carreiras populares. A cidade dáche a benvida. Os barrios marcan o camiño.

As persoas menores de idade terán a posibilidade de sumarse a outra festa das carreiras populares. No seu caso, a inscrición é gratuíta, como no resto de probas que organiza o Concello da Coruña para sub-18.

Os motivos para correr poden ser múltiples. Hai un máis: gozar da beleza da cidade cun percorrido plano polo centro da Coruña.

Quen opte pola 5K compartirán, na carreira absoluta, saída, meta e parte do trazado que utilizarán as persoas que participen na C21.

O Obelisco será o punto de partida e de chegada para unha popular que pasará polos Cantóns cara á praza de Mina, continuará por Juana de Vega e San Andrés, cruzará pola rúa Alta cara as praias, virará na rotonda das Catalinas, alcanzará a dos surfeiros, tomará a rúa Sol, de novo San Andrés, Santa Catalina, os Cantóns, dará volta en Porta Real e chegará á meta no Obelisco.

As inscricións están abertas ata o 5 de febreiro (ata as 23.59 horas) cunha cota de tres euros para a proba absoluta de 5.000 metros e gratuíta para as distancias inferiores (desde Peques a sub-18).

Máis de medio milleiro de persoas apuntáronse xa á 5K que se desenvolverá en paralelo a Coruña21. O medio maratón pechou o primeiro prazo de inscrición, o máis económico, con máis de 1.300 atletas e ata o 5 de febreiro está dispoñible o segundo prazo ordinario cunha cota de 30 euros. As inscricións poden formalizarse tamén de maneira presencial nos departamentos de deportes dos centros de El Corte Inglés da Coruña, Santiago e Vigo dentro do seu horario comercial.

Documentos relacionados

  • Percorrido Carreira 5k | Coruña 21 (4 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión