Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2022

Cinco colores para saber onde partirás no Maratón Atlántica

En función das marcas previas, as persoas que participarán en Coruña42, e a proba paralela de 10 quilómetros, serán distribuídas nos caixóns vermello, azul, amarelo, verde e laranxa

Garantir unha saída limpa e evitar embotellamentos é un dos obxectivos de Coruña42 para que a competición se desenvolva nas mellores condicións posibles. Por iso, atendendo ás súas marcas previas, as persoas participantes serán distribuídas en cinco caixóns que se corresponderán coa tonalidade dos seus dorsais, tanto para o maratón como para a proba paralela de 10 quilómetros.

Na proba longa, no primeiro caixón, o vermello, estarán quen conte cunha marca inferior ás 2 horas e 40 minutos.

Desde o azul, partirán atletas con tempos de referencia por debaixo das 3 horas; no amarelo estarán quen conte cun crono de entre 3 horas e 3 horas e media; ao verde iranse deportistas cunha marca que non alcance as 4 horas e, ao laranxa, persoas corredoras cuxos rexistros estean por riba dese tempo.

No caso da carreira de 10 quilómetros, desde o primeiro caixón, vermello, sairán os atletas que teñan menos de 37 minutos de referencia e as primeiras 25 mulleres. No azul situaranse quen batese os 43 minutos; no amarelo, aquelas persoas que teñan menos de 50 minutos como marca; desde o verde partirán as que estean por baixo da hora e, no laranxa, o resto.

As persoas participantes deben situarse nos caixóns que lles corresponde tanto para o maratón atlántica como a 10K.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión