Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2022

Corre! Coruña42 esgota o seu prazo de inscrición máis económico

Ata o domingo ás 23.59 horas, aínda te podes inscribir por 30 euros; despois, custará 50; a 10K paralela subirá de 6 a 15 euros

Coruña42 achégase (será o 2 de outubro) e o prazo máis económico para participar no Maratón Atlántica conclúe esta fin de semana.

De maneira presencial, nos centros de El Corte Inglés, este período ordinario de inscrición péchase este sábado, 17 de setembro, mentres que, de maneira telemática, concluirá o día seguinte, o domingo 18, ás 23.59 horas.

Desde ese momento, abrirase o segundo prazo, o extraordinario. Con ese cambio, o custo por inscrición pasará de 30 a 50 euros desde o 19 ao 25 de setembro ás 23.59 h e, ademais, só estará dispoñible a opción en liña.

Tamén cambiará o prezo da 10K paralela a Coruña42. No seu caso, a cota de 6 euros que estivo vixente desde que se abriu a inscrición pasará a 15 a próxima semana.

Preto de medio milleiro de persoas apuntáronse xa ao Maratón Atlántica e case 1.000 á proba de 10 quilómetros.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión