Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de decembro de 2022

Coruña Corre 2022 mellorou as últimas cifras prepandemia

O circuíto de carreiras populares do Concello da Coruña constata as ganas de facer deporte tras a Covid-19, mentres que nas tres grandes a participación está a recuperarse a un ritmo algo máis lento

Despois da pandemia, o atletismo popular recupérase. En 2022, Coruña Corre foi fiel reflexo das ganas que había de facer deporte. As cifras de participación do circuíto de carreiras populares da Coruña regresaron ás de anos precovid, aínda que as tres grandes do atletismo da cidade aínda están en proceso de recuperación.

Dentro de Coruña Corre, a Popular da Torre de Hércules foi a cita na que máis deportistas cruzaron a meta. En total, fixérono 1.632 persoas, 1.026 na categoría absoluta (313 mulleres, o 30,51 %).

Nas sete probas que conformaban inicialmente o calendario (sumouse a da homenaxe ao CHUAC), houbo 7.969 finishers e 12.124 inscricións. A porcentaxe de persoas non presentadas quedou no 26 %.

A anterior tempada que se puido completar Coruña Corre foi a de 2019 (comezou en 2018) con 7.342 participantes -acumuladas- nas nove carreiras que compoñían a tempada e 10.114 inscricións. Cifras que creceron tras a pandemia. A taxa de persoas non presentadas roldou entón o 28 %.

De feito, o dato da tempada recentemente finalizada é o mellor do últimos sete anos, cando 8.921 (total acumulado) alcanzaron a meta. O reto é batelo en 2023.

En 2022, a C10 superou a barreira das 2.000 (2.092) persoas participantes, con 1.793 atletas en categoría absoluta (410 mulleres), polas 2.757 (2.300 adultas/489 mulleres) da última edición antes da Covid, a de 2019 (en 2020 había límite de inscrición).

O medio maratón C21 quedou en 2022 (1.224 persoas en meta, 149 mulleres) preto da cifra prepandemia (1.527/187 en 2019).

A máis grande, a C42, tivo 409 finishers (20 mulleres), cifra non moi distante da de 2019 (492/37). En cambio, a 10 K paralela rexistrou 31 finalistas máis que en 2019 (1.152 por 1.121), aínda que con menos mulleres (315 a 320).

Aínda é pronto para prever o que sucederá en 2023, os primeiros datos de inscrición da C42 reflicten que un 42 % de persoas procede de fóra de Galicia, unha porcentaxe ao que contribúen as feiras en que está presente o Maratón Atlántica. A C21, que será a primeira das tres grandes o próximo ano (12 de febreiro), xa conta con preto de 250 atletas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión