Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de decembro de 2022

Coruña21 dálle unha volta ao seu circuíto

A proba mantén o percorrido de 2022, pero agora, cambia o sentido e deixa as praias para a segunda parte da carreira.

Coruña21 regresa o próximo 12 de febreiro de 2023 cun circuíto que mantén a esencia de 2022, cunha soa volta ao trazado, pero esta vez cambiará o sentido do percorrido.

As persoas que participen no Medio Maratón Atlántico comezarán e concluirán a proba no Obelisco, como foi habitual na C21, a intermedia das tres grandes do atletismo coruñés.

Esta vez, dirixiranse en primeiro lugar cara a zona de Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e o Porto. Completarán así 10 dos 21 quilómetros do percorrido.

Na segunda parte da C21, as e os atletas correrán polo lado das praias, en sentido Riazor, ata a Casa da auga, e posteriormente, cara ao Aquarium Finisterrae, onde se virará para encarar a recta final da proba, polas rúas do centro. Pasarán polas rúas Sol, San Andrés e Santa Catalina, chegarán a Porta Real e volverán cara ao Obelisco para cruzar a meta despois de completar algo máis de 21 quilómetros.

O novo circuíto, cuxa homologación está prevista para xaneiro, volverá ser chan, practicamente a nivel de mar, e rápido, para que as persoas deportistas gocen e poidan mellorar as súas marcas.

A décimo quinta edición de Coruña21 mantén aberta a súa inscrición ata as 23.59 horas do 5 de febreiro de 2023 e forma parte do calendario da Real Federación Española de Atletismo.

Documentos:

C21-2023_PLANO-04.pdf (4 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión