Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de outubro de 2019

O Concello establecerá este domingo pola mañá un dispositivo especial de tráfico con motivo da realización da Carreira C10

A proba, que comezará ás 10.00 horas, provocará cortes de tráfico desde as 07.30 horas na avenida Manuel Murguía e avenida de Buenos Aires e modificacións no itinerario habitual das liñas de transporte público

O Concello establecerá o domingo día 6 pola mañá un dispositivo especial de tráfico con motivo da realización da XIII edición da Carreira popular que se disputará entre a glorieta do Millennium e a Torre de Hércules. A proba tamén provocará modificacións no itinerario habitual das liñas de bus urbano.

O dispositivo cortará o tráfico desde as 07:30 horas no tramo comprendido entre Manuel Murguía e a avda. de Buenos Aires. Por este motivo as liñas de bus urbano 3, 3A e 7 circularán pola avda. da Habana, praza de Portugal, Alfredo  Vicenti e praza de Pontevedra.

A partir das 09:45 horas está previsto o corte, en ambos os sentidos de circulación, do Paseo Marítimo entre a glorieta de Gerardo Porto/rolda de Outeiro e a glorieta de Torre de Hércules.

Ata que se abra ao tráfico o devandito circuíto, as liñas 3A, 4, 6, 6A e 11 pasarán a circular por Santo André, rúa Sol, Hospital, praza de España e Santo Amaro, a partir de onde a liña 3A baixará cara a Durmideiras.

A liña 4 continuará por Santo Tomás cara á avda. de Hércules Mercado. E as liñas 6, 6A e 11 continuarán pola avda. de Navarra, rolda de Monte Alto e avda. de Hércules.

A liña 3, en sentido de circulación de Durmideiras cara á praza de Pontevedra, ao non poder continuar polo Paseo Marítimo, regresará pola avda. de Navarra, rúa da Torre, praza de España, Panadeiras e Santo André.

Está previsto que a partir das 12:00 horas, aproximadamente, se reabra ao tráfico o tramo comprendido entre a avda. de Buenos Aires (glorieta das Catalinas) e a glorieta da Torre de Hércules. A partir dese momento, as liñas que circulan polo dito tramo recuperarán o seu itinerario habitual, aínda que o comprendido entre a Casa da Auga e a praza de Portugal permanecerá pechado ao tráfico ata as 14:30 horas, aproximadamente.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión