Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de marzo de 2019

Últimos días para a inscrición no Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre

Mantense aberto, ata o 18 de marzo, o prazo de inscrición para participar na Carreira Popular Torre de Hércules #QuerémonosVivas, que incorpora o carácter reivindicativo e solidario á proba de Coruña Corre.

A proba desenvolverase o vindeiro sábado 23 de marzo, en horario nocturno, a carreira de categoría absoluta comezará ás 21:15 horas. A continuación da saída da carreira, partirá unha Andaina Solidaria non competitiva de catro quilómetros.

A inscrición tanto para a carreira como para a marcha pódese facer a través do portal www.coruna.gal/carreiraspopulares. No caso daquelas persoas interesadas en colaborar co fin solidario da andaina ou da carreira, poderán facer achegas de 3, 5 euros ou outras cantidades superiores aos 10 euros no momento de formalizar a súa inscrición, o que lles dará dereito únaa camiseta conmemorativa desta proba solidaria. Todos os beneficios que se recaden a través da inscrición solidaria destinaranse integramente á investigación para a mellora da calidade de vida das mulleres con cancro de mama, en colaboración coa FUNDACIÓN EMALCSA.

Tamén finaliza o prazo para facer a inscrición individual, equipos e familia, para participar no circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre 2018/2019. A cota de inscrición para participar no Circuíto é de 10 €. A cota para persoas desempregadas, maiores de 65 e posuidoras do Carné Xove é de 7 €. Máis información: www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión