Inscricións (limitadas a 3000 atletas)
Inscrición en liña:
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.
As persoas que se inscriban no prazo extraordinario, non se lles garantirá a entrega dunha camiseta, xa que a súa produción debe ter antelación suficiente.
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
Inscrición presencial:
Poderá realizar a inscrición presencial para a Carreira Popular C10, cubrindo a folla de inscrición e aboando a correspondente cota.
Bonificación:
50% de desconto para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove, familias numerosas e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento en que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais, é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com :
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizará ás 12.00 horas do 25 de setembro de 2026, coincidindo co final do prazo ordinario de inscrición.
Devolución da cota de inscrición
Só se devolverá a cota de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, a condición de que se presenta un xustificante no que non aparezan datos de saúde, polo menos con 10 días de antelación á celebración da proba, enviando un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com .
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finaliza ás 12.00 horas do 25 de setembro de 2026, coincidindo co fin do prazo ordinario de inscrición.
Entrega de dorsais e camisetas
As/os atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Non se entregarán dorsais o mesmo día da carreira.
Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.
Habilitarase un enderezo de correo electrónico para atender os casos debidamente xustificados que impidan a recollida de dorsais nas datas establecidas para o efecto.
A organización resérvase o dereito de modificar o período de inscrición así como o número de dorsais de carreira. Informarase dos cambios a través das canles oficiais de comunicación.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible