Concello da Coruña

Concello da Coruña

Inscrición

As persoas participantes poderán formalizar a súa inscrición:

Inscrición en liña: a través da pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa ata as 23.59 horas do 20 de febreiro de 2024.

Cota e prazos de inscrición:

  • Prazo ordinario: ata o 11 de febreiro ata as 23.59 h: 20 €
  • 2.º prazo: dende o 12 de febreiro ata o 18 de febreiro ata as 23.59 h: 30 €
  • Prazo extraordinario: 19 e 20 de febreiro ata as 23.59 h: 40 €

Inscrición presencial:

As/os atletas serán devidamente informadas/os das datas e das localizacións.

Bonificacións: 50% de desconto para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento no que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo secretaria@atletismo.gal

  • Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
  • Persoas posuidoras do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
  • Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo Público de Emprego (antigo INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia da tarxeta de desemprego.

Devolución parcial da cota de inscrición

Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e/ou enfermidade, se se presenta un informe médico, antes do día en que se realice a proba, na Federación Galega de Atletismo (avenida de Glasgow, 13 - Edificio Federacións. 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com).

O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do informe médico:

  • O 75% da cota se se presenta antes da realización da proba, ata o 18 de febreiro de 2024 ás 23.59 h.
  • O 50% se se presenta despois desa data, ata o 19 de febreiro de 2024 ás 23.59 h.

Se non se envía o informe mencionado anteriormente, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados, a organización avaliará se se devolve a cota.

Outros contidos relacionados

  • XVI C21 2024 - Regulamento Específico (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión