Os participantes poderán formalizar a súa inscrición:
Inscrición en liña: A través da pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa ata as 23:59 horas do 22 de febreiro de 2026.
Cota e prazos de inscrición:
Inscrición presencial:
No Corte Inglés, rúa Ramón e Cajal 57, 15006, no horario comercial do centro.
Cota e prazos de inscrición:
Bonificacións: 50% de desconto para maiores de 65 anos, acodes usuarias do Carné Novo e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá realizada no momento no que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial. Ademais é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan a continuación, mediante un correo electrónico á seguinte dirección info@carreirasgalegas.com
Devolución parcial da cota de inscrición
Só se devolverá a tarifa de inscrición en caso de lesión e /ou enfermidade, se se presenta un xustificante no que non aparezan datos de saúde, con polo menos 10 dias de antelación á celebración da proba, na Federación Galega de Atletismo (Avenida de Glasgow, 13 - Edificio Federacións. 15008, A Coruña / info@carreirasgalegas.com)
Inscrición gratuíta para aqueles participantes do circuíto de Carreiras Populares - Coruña Corre 2025, que finalizaron as 7 carreiras como "premio á fidelidade".
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible