Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de decembro de 2022

Carta de Mónica Martínez á gran familia das carreiras populares da Coruña

"Accedín á concellaría de deportes co firme propósito de integrarme no voso colectivo e marcho convertida nunha máis de vós"

Estas liñas van dirixidas especialmente á enorme familia das carreiras populares da Coruña. Accedín á concellaría de deportes co firme propósito de integrarme no voso colectivo e marcho convertida nunha máis de vós. Quero agradecervos a vosa cálida acollida e o compromiso coas carreiras municipais, que tanto están coidando os compañeiros do Servizo Municipal de Deportes e todos aqueles que axudan na súa organización (xuíces, cronometradores, policía local, protección civil, o noso querido speaker Xalo, azafatas e azafatos, fotógrafos e operadores de vídeo, voluntarios (gracias, rapaces; sodes do máis grande que ten o Concello), patrocinadores, montaxe e desmontaxe de carreira...). E, sobre todo, dúas persoas que admiramos pola súa profesionalidade: Jorge Blanco, deseñador dos circuítos, e Miguel García Feijóo, director das carreiras.

E, como non, aos centos de participantes pola súa fidelidade e aos pais e nais que cada carreira acompañan aos máis cativos da casa para axudar a que prenda neles o gusto pola actividade física.

Alfonso máis eu somos xente do deporte, polo que nos seguiremos encontrando nos circuítos alentando aos centos de seguidores das carreiras municipais, as nosas carreiras.

Bo Nadal e feliz 2023 a todos.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión