Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de decembro de 2022

Coruña21 abre a inscrición!

A décimo quinta edición da carreira disputarase o 12 de febreiro ás 10.00 horas con saída desde o Obelisco

Coruña21, o medio maratón que coorganizan o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, abriu o seu prazo de inscrición para participar nela o próximo 12 de febreiro de 2023 ás 10.00 horas.

Poderaste apuntar á proba intermedia das tres grandes da Coruña, irmá de Coruña42 e de Coruña10, ata as 23:59 horas do 5 de febreiro a través da pasarela de pago da páxina web da Federación Galega de Atletismo, que xa está habilitada. Nas próximas semanas, ademais, ofrecerase a posibilidade de inscribirse á carreira de maneira presencial.

A C21, con saída no Obelisco -o circuíto será desvelado proximamente-, alcanza a súa décimo quinta edición e está incluída no calendario oficial das competicións da Real Federación Española de Atletismo.

O primeiro prazo de inscrición, ordinario, estará dispoñible ata o domingo 29 de xaneiro cunha cota de 18 euros. Desde o luns 30 de xaneiro ao domingo 5 de febreiro subirá a 30 euros. Finalmente, dispoñerase dun prazo extraordinario desde o luns 6 de febreiro ao martes 7 de febreiro por 40 euros.

Ademais, as persoas maiores de 65 anos, as usuarias do Carné Xove e as que estean en situación de desemprego pódense beneficiar dunha bonificación do 50 por cento na cota. Para iso, deben solicitar o desconto e acreditar a situación que dea lugar á bonificación antes das 23:59 horas do 29 de xaneiro segundo dispón o regulamento da carreira.

Lembra que tamén está aberta a inscrición para Coruña42 e a súa 10K paralela, que se realizarán o 8 de outubro de 2023.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión