Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2022

A C42 cóidache: avituallamento cada 5 quilómetros

Auga, bebidas isotónicas, plátanos e laranxas agardan ás persoas participantes para axudarlles a ser finishers no Maratón Atlántica

Hidratarse é fundamental no deporte e quen compita en Coruña42 o vindeiro domingo, 2 de outubro, poderán facelo cada 5.000 metros.

Haberá avituallamento nos quilómetros 5, 10, 15, 20, 25, 30, 35 e 40, que será o último, a 2 quilómetros para a liña de meta, aínda que, por cuestións loxísticas, algúns puntos desprazaranse uns metros.

Nos quilómetros acabados en 5, o avituallamento será líquido, con auga e bebidas isotónicas, que se servirán en vaso, mentres que nos acabados en cero, dispoñerase tamén de avituallamento sólido, con plátanos e laranxas.

Á chegada a meta, ademais deses dous tipos de avituallamento, Coruña42 ofrecerá aos finishers unha barriña enerxética, un bolo e froitos secos.

Sanbrandan, Coca-Cola, Vegalsa e El Corte Inglés, patrocinadores da carreira, colaboran no avituallamento.

Salvador de Madariaga, na contorna do mercado de Elviña, será o primeiro punto de avituallamento no quilómetro 4,95 e tamén, no outro sentido da proba, no ecuador da carreira (km. 21,27)

O segundo punto estará na estrada do Porto, no cruzamento do ferrocarril ao Peirao do Leste (quilómetros 8,75 e 26,37).

O terceiro situarase no paseo peonil da Dársena, nos quilómetros 14,40 e 31,90.

O cuarto atoparase en Manuel Murguía á altura de Almirante Cadarso, no quilómetro 35,40. Por ese punto pasará antes a 10K, mais, nesa localización, o avituallamento só estará operativo para a C42.

O quinto e último punto de avituallamento situarase na rúa Matadoiro, no cruzamento con Cantábrico, no quilómetro 40,57 do Maratón Atlántica. Compartirase coa paralela de 10 quilómetros (quilómetro 5,10).

Despois de cada avituallamento, as persoas participantes en Coruña42 e a proba menor, de 10.000 metros, dispoñerán de colectores para depositar os residuos.

Documentos:

Plano do circuíto Coruña 42 con información e puntos de avituallamiento (3 MB)

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión