Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Necrópole

Cordal nos montes da Zapateira/Monte das Arcas

A necrópole megalítica da Zapateira

A memoria da primeira arquitectura monumental

Ao sur do Castro de Elviña localízase a necrópole megalítica da Zapateira, tamén coñecida como Fonte do Ouro ou Monte das Arcas.

Este tipo de necrópole adoitaban distribuírse ao longo de cumios de cordais e están construídas por un agrupamento de túmulos ou mámoas que no seu interior poden conservar unha cámara megalítica. Os ortostatos, en caso de telos, eran cubertos por un sedimento de terra dándolle forma semiesférica, sobre o que se dispoñía unha capa de pedras pequenas seleccionadas sobre ela, chamada coiraza, e rodeábase por un cordón formado por pedras que delimitaban a mámoa, chamado anel peristalítico. As mámoas son os primeiros monumentos erixidos na historia de Galicia e construíronse entre o 4.300 a.C. e o 1.700 a.C. aproximadamente.

As mámoas foron utilizadas como un marco divisorio entre entidades de poboación, e consérvase esa función nalgúns casos na actualidade. É o caso da necrópole da Zapateira, que serve de límite entre os concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo e de cinco parroquias. Oriéntase en sentido L-W ao longo da divisoria da cordilleira que comunica o val de Vilaboa e a ría do Burgo coa zona de Arteixo. A cordilleira alcanza dous quilómetros e medio de lonxitude, cunha altura de 289 metros sobre o nivel do mar.

As primeiras interpretacións na necrópole realizáronse en 1935, a cargo da Sociedade Coruñesa "Amantes do Campo", sendo posteriormente estudada polo profesor Monteagudo. Chegáronse a catalogar trinta e tres mámoas que se dividiron en varios conxuntos denominados Fonte de Ouro, Leia de Cachafeiro, Montes da Zapateira e Monte da Arca (Contorna do Trabe), Monte de Cambás, Monte Alberto e Monte de Orro.

Estes monumentos formaron ata hai pouco tempo parte da paisaxe tradicional e posuían connotacións simbólicas. Nestes anos, coa expansión de residencias da cidade e a creación de novas vías de comunicación, as mámoas foron destruídas, foi escavada a última no 1976 por Monteagudo, con motivo da construción do campo de golf.

Necrópole

Toponimia no actual camiño, que lembra as construcións megalíticas ou arcas

Necrópole

Lugar no que se situaba a necrópole megalítica, hoxe destinado a campo de golf

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Museo Arqueolóxico  e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión