Concello da Coruña

Concello da Coruña

Retrato de Nicolas Jean de Dieu Solut pintado por Louis Henri de Rudder, procedente do arquivo de Wikipedia.

Nicolás Jean de Dieu Soult

O estratega francés

O militar e político francés Nicolás Jean de Dieu Soult foi un dos protagonistas da batalla de Elviña. nela enfrontouse ás tropas inglesas do xeneral Moore, que morreu antes de que o exército inglés puidese marchar da Coruña.

Fillo dun notario, Soult naceu en 1769 en Saint Amans-a-Bastide, e fixo rapidamente carreira no exército, chegando a mariscal con só 35 anos. Soult participou nas grandes batallas napoleónicas, como Marengo, Austerlitz, Jena, e tamén contra os rusos en Eylau. Foi considerado como un valente do Gran Exército francés, así como un bo estratega no campo de batalla. De feito, Napoleón premiouno outorgándolle o ducado de Dalmacia.

En España recibiu o mando do segundo corpo do exército, coa encomenda de invadir Portugal, derrotar o exército inglés e tomar Lisboa. O avance sobre as tropas de Moore levoulle ata A Coruña, onde o 16 de xaneiro de 1809 enfrontouse ás tropas inglesas no chan de Elviña. Soult reclama para a Historia a vitoria das súas tropas a pesar de que outras fontes lla atribúen aos ingleses, que conseguiron reter a Soult mentres embarcaban de volta a Inglaterra e evitaban a súa total destrución. Moore foi ferido no peito e morrería na Coruña, e Soult presentaría os seus respectos ante a súa tumba.

Tras tomar A Coruña e Ferrol, Soult marchou cara a Porto e Lisboa, e estivo a loitar en España ata que os franceses abandonaron a península en 1813. De volta a Francia, xa coa revolución de 1830, foi nomeado Ministro de Guerra e, máis tarde, Mariscal Xeral de Francia.

Tras tomar A Coruña e Ferrol, Soult marchou cara a Porto e Lisboa, e estivo loitando en España ata que os franceses abandonaron a península en 1813.

De volta a Francia, xa coa revolución de 1830, foi nomeado Ministro de Guerra e, máis tarde, Mariscal Xeneral de Francia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión