Aprende a crear presentacións máis eficaces con Prezi, unha aplicación online e gratuíta.
Os días 21/02/2013, 27/02/2013
Xa rematou
Dende o 06/02/2013 ata o 26/02/2013
Horario de 16 a 20 horas.
Centro Municipal de Empresas. Rúa Galileo Galilei 62. 15008 A Coruña
Gratuíto.
Inscrición: enviando email a cmeagrela.info@coruna.es ou chamando por teléfono ao 981 189 857 en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas. Indica, por favor, no email: nome, empresa e teléfono de contacto.
Contidos:
PREZI é unha aplicación multimedia para a creación de presentacións similar a Microsoft Office PowerPoint ou a Impress de LibreOffice.
Obxectivos
Relator:
Enrique Pena é director asociado en PFS GRUPO, cunha ampla experiencia no campo da consultoría de organización empresarial e apoio á dirección, desenvolve o seu labor profesional no campo da dirección, xestión, negociación e comunicación corporativa, así como no desenvolvemento de negocio e posta en marcha de proxectos empresariais e institucionais.
Asesora de forma habitual a empresas e institucións sobre sistemáticas de xestión e mellora empresarial e acompaña este labor co asesoramento a persoal e directivos sobre técnicas e métodos de desenvolvemento persoal, comunicación, toma de decisións, xestión do tempo, negociación, planificación e organización, xestión de relacións e networking, etc.Actividades relacionadas:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible