15 de decembro de 2014
Moitas grazas a todas e a todos por acompañarnos, seguimos preparando as nosas próximas accións e actividades, lembra que podes estar ao tanto das nosas novidades a través dos nosos espazos sociais en Twitter, Facebook e Google+.
O pasado venres tivo lugar no noso viveiro situado no Centro Municipal de Empresas da Grela a II Xornada de Portas Abertas, que actuou de colofón e remate de parte das nosas actividades, levadas a cabo durante este ano 2014.
A presentación correu a cargo de Teresa Somoza, xefa do Departamento de Promoción Económica e Comercio, que comezou realizando unha breve exposición acerca do que supón o CME e o viveiro de empresas dentro das actividades da Área de Emprego e Empresa do Concello da Coruña. A continuación, foron presentados polos seus protagonistas 5 dos proxectos asesorados polo CME e que están a piques de poñerse en marcha:
1. Bello y Martínez. Consultoría Editorial. Presentado por Lorena Bello e María Martínez, que despois de compartir emprego por conta allea, puxeron en marcha o seu propio proxecto de Consultoría Editorial, no que ofrecen asesoramento tanto a grandes editoriais que queiran explotar o seu servizo, como a empresas e institucións ou escritores particulares.
Unha das súas liñas de traballo consiste en diminuír a distancia entre o libro en papel e o dixital.
2. Algoritmia. Presentado por Alicia Sánchez (matemática) e Silvia Vidal (física). O obxectivo do seu proxecto é dar soporte a empresas que queiran aproveitar o poder dos datos e incorporalos á súa xestión e toma de decisións.
Unha das liñas de actuación, perseguida a través da análise dos datos, consiste no desenvolvemento da venda social, a través da cal é posible anticipar os desexos de compra.
3. GES Consulting. Presenta Juan Córdoba de la Fuente, o seu proxecto de consultoría de seguridade ofrece distintas actuacións neste campo, entre elas: auditar, asesorar e xestionar os servizos de seguridade das empresas, especialmente ás PEMES, que son as que máis fallos de seguridade adoitan ter.
O proxecto presta servizos integrais de seguridade (incluíndo seguridade física e informática) e o seu obxectivo céntrase no mercado local, autonómico e estatal (este último a máis longo prazo).
4. 11Left. Presentan as irmás Lidia e Ana Méndez o seu estudo de deseño e desenvolvemento gráfico para empresas. O seu obxectivo é a venda online de desenvolvemento web e deseño gráfico a calquera país e para calquera sector.
5. Academia Musical Hércules Brass. Presentado por Rodrigo Rodríguez en nome do grupo de emprendedores que compoñen o proxecto. Este une o ofrecer concertos cun labor pedagóxico, impartindo talleres, seminarios e ‘master class' tanto en España como no estranxeiro.
Entre outras liñas de traballo, ofrecen servizo de musicoterapia xa dende a xestación do bebé, a través da nai embarazada; servizos de instrumento de vento metal e especialización de grupos de cámara.
Tras a presentación dos últimos proxectos tutelados polo CME, achegou a súa visión como viveirista Manuel García, socio de AGE VISIÓN [3 socios e 2 anos funcionando]. Especialistas en dar asesoramento empresarial a pemes e autónomos e a novos emprendedores. Manuel transmitiunos a súa experiencia de como o CME lles axudou no comezo e como agora, pertencendo ao viveiro, vive experiencias enriquecedoras.
A última intervención correu a cargo de Juan, de Gantesport [1 ano funcionando] conta a súa experiencia como proxecto de éxito en vías de consolidación. Nesta fase final [de consolidación], conta no seu cadro de persoal, entre empregados e autónomos, 14 persoas. Juan cóntanos o segredo do éxito: “ser un moi bo profesional”. O seu consello é emprender naquilo do que se sabe e ter moi ben planeado o proxecto. Novamente dá as grazas ao CME polo seu apoio en temas fiscais e legais do que el non tiña coñecemento.
O acto acabou cunha merenda solidaria, onde os novos emprendedores, viveiristas e casos de éxito intercambiaron experiencias, e quizais novos emprendementos.
Moitas grazas a todas e a todos por acompañarnos, seguimos preparando as nosas próximas accións e actividades, lembra que podes estar ao tanto das nosas novidades a través dos nosos espazos sociais en Twitter, Facebook e Google+.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible