19 de xaneiro de 2015
Programa Operativo [INCYDE, CÁMARAS DE COMERCIO]
O próximo 23 de febreiro comeza no Centro de Formación da Cámara de Comercio da Coruña unha nova edición do Programa Operativo de Creación e consolidación de Empresas e Autoemprego (Emprende en positivo). O programa proporcionaralles a vinte empresarios e emprendedores unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de empresa / Plan de mellora.
O programa ten unha duración de 32 horas de formación en grupo máis titorías individuais distribuídas en 8 semanas. Durante este tempo, este programa facilitaralles ás persoas participantes a elaboración dun Proxecto de Empresa / Plan de Mellora, que pode utilizarse como guía para a posta en marcha, consolidación do seu negocio ou como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financeiras.
Inicia: o próximo 23 de febreiro.
Matrícula: Sen custo [Cofinanciado por Fondo Social Europeo, Fundación INCYDE e Fundación EMALCSA].
Inscrición: Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. R/ Alameda, 30, 1º. Tel.: 981 216 072 [comerciointerior@camaracoruna.com].
Lugar de celebración: Formación en Centro de Formación da Cámara, r/ Mendaña de Neyra, 3 [lateral ao Recinto Feiral de Expocoruña] e titorías en Sede da Cámara, r/ Alameda, 30 e local da empresa.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible