11 de marzo de 2015
As accións formativas levaranse a cabo en centros e entidades adheridas á Rede Eusumo, en diferentes localidades galegas.
O obxectivo do programa é dar a coñecer en detalle a modalidade de emprendemento colectivo, o cooperativismo e a economía social.
As accións, postas en marcha por UGACOTA [Unión de Cooperativas de Traballo Asociado], levaranse a cabo en Vilagarcía de Arousa, Ames, A Coruña, Vigo e Lugo.
Os programas nos que podes participar son os seguintes:
Formación cooperativa para as persoas que queren emprender: destinada a coñecer as vantaxes e posibilidades de emprender baixo a fórmula de economía social.
Elabora o teu plan de empresa cooperativo: coñecer os elementos que debemos analizar para conformar o noso plan de empresa como grupo emprendedor.
Por que non traballamos en equipo?: saber utilizar as habilidades persoais para traballar en equipo é clave nunha cooperativa. Neste curso, traballarase con distintos recursos e metodoloxías que nos axudarán a mellorar as nosas destrezas sociais.
Pódeste inscribir nas accións que terán lugar na Coruña, a través deste formulario.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible